Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 abril 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dunha piscina cuberta no concello de Verín (Ourense) e seis máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, en cumprimento dos compromisos contraídos no marco do convenio de cooperación sobre instalacións deportivas entre a Xunta de Galicia e as deputacións provinciais de Ourense, Pontevedra e A Coruña, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-los respectivos procedementos de adxudicación mediante procedemento aberto e concurso público, tramitación urxente, dos contratos de obra que a continuación se identifican:

Provincia de Ourense.

1. Obra obxecto do contrato: construcción dunha piscina cuberta no concello de Verín (Ourense).

a) Clasificación do contratista: grupo C; subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 181.611.973 ptas. (cento oitenta e un millóns seiscentas once mil novecentas setenta e tres pesetas).

c) Prazo de execución: vintedous (22) meses.

2. Obra obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Avión (Ourense).

a) Clasificación do contratista: grupo C; subgrupo todos, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 67.966.717 ptas. (sesenta e sete millóns novecentas sesenta e seis mil setecentas dezasete pesetas).

c) Prazo de execución: catorce (14) meses.

3. Obra obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Beade (Ourense).

a) Clasificación do contratista: grupo C; subgrupo todos, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 57.666.096 ptas. (cincuenta e sete millóns seiscentas sesenta e seis mil noventa e seis pesetas).

c) Prazo de execución: catorce (14) meses.

Provincia de Pontevedra.

4. Obra obxecto do contrato: construccion dunha piscina cuberta no concello da Guarda (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C; subgrupo totos; categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 154.583.934 ptas. (cento cincuenta e catro millóns cincocentas oitenta e tres mil novecentas trinta e catro pesetas).

c) Prazo de execución: vintedous (22) meses.

5. Obra obxecto do contrato: execución do proxecto técnico de piscinas públicas no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C; subgrupo todos , categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 33.596.657 ptas. (trinta e tres millóns cincocentas noventa e seis mil seiscentas cincuenta e sete pesetas).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

Provincia da Coruña:

6. Obra obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no Concello de Trazo (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: gurpo C; subgrupo todos; categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: 62.676.762 ptas. (sesenta e dous millóns seiscentas setenta e seis mil setecentas sesenta e dúas pesetas).

c) Prazo de execución: catorce (14) meses.

7. Obra obxecto do contrato: pavillón polideportivo, 4ª fase, no concello de Vedra (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C; subgrupo todos; categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: 33.828.170 ptas. (trinta e tres millóns oitocentas vinteoito mil cento setenta pesetas).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos poderán examinarse o Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata as 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte, (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela, fax (981) 54 26 39), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaránse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

As proposicións económicas deberán ir acompañadas, en sobre á parte, dos documentos enumerados no artigo 80 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e dos que permitan aplica-los criterios de avaliación ós que refire o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de maio de 1995, publicado no DOG correspondente ó día 30 de maio.

Cando as proposicións se envíen por correo, o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola mesa de contratación desde as 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada unha das obras citadas quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento quedarán eximidos, igualmente, de prestaren fianza provisional.

Os empresarios non clasificados deberán prestar fianza provisional polo importe do 2% do orzamento de execución por contrata delas.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

Cando un propoñente presente proposicións económicas para máis dunha das obras incluídas na presente resolución, deberá presentar un sobre A e B común para todas elas que conterá a documen

tación requirida no prego e identificará na carátula deles as obras nas que se pretende que produza efectos.

Non obstante o anterior, presentarase un sobre A por cada obra á que concorra, na que só deberá introduci-la acreditación da verificación da suficiencia do poder de representación e a clasificación empresarial posuída.

A documentación que sexa aportada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada ante a Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser declarados suficientes polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario Xeral para o Deporte

9602724