Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.797

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (160/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada no xuízo de faltas número 160/1995, sobre agresión y detención ilegal, cítese a Juan Carlos Lema Balsas, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan perante este xulgado, o vindeiro día 7 de maio de 1996, ás 11.15 horas, para asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, cos medios de proba dos que intenten valerse, facéndolles sabelo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, podendo facelo acompañado de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dous de abril de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

9602971