Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.797

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (531/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 531/1995, por instancia de Almacenes Generales de Papel, S.A., representado polo procurador Merelles Pérez, sobre reclamación de cantidade e por medio da presente emprázase o demandado Entidade Velograf, S.A. actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaer sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ó devandito demandado, Entidade Velograf, S.A. que ten o último enderezo coñecido en Ames r/ Rosalia de Castro nº 17, a quen se lle fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

2901