Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.796

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (200/1995).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira.

Fai saber: que perante este xulgado se segue peza separada de beneficio de xustiza gratuíta nº 200/1995, por instancia de Mª del Carmen Antelo Muñiz, contra Juan Blanco Lueiro e que se dictou a sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número un civil, sección ma.

Xuízo xustiza gratuíta, asunto 200/1995.

Sentencia nº 27/1996.

En Negreira o quince de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Cristina Navares Villar, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os autos nº 200/1995, sobre beneficio de xustiza gratuíta promovidos polo procurador Avelino Calviño Gómez, en nome e representación de María del Carmen Antelo Múñiz, maior de idade, veciña da Baña, con domicilio no lugar de Señor, defendida pola letrada Leonor Ramos Turnes contra Juan Blanco Lueiro con domicilio descoñecido e en situación de rebeldía, dictou a seguinte sentencia da que son:

Decisión: que debo considerar e considero integramente a demanda interposta polo procurador Avelino Calviño Gómez, en nome e representación de María del Carmen Antelo Muñiz, maior de idade, contra Juan Antonio Blanco Lueiro, declarando o dereito da actora a litigar gratuitamente contra o seu esposo, Juan Blanco Lueiro, no xuízo de separación conxugal que se segue neste xulgado baixo o nº 200/1995, con tódolos efectos legais que tal declaración leva consigo e sen expresa imposición de custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta é susceptible de recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina S. Sª.».

E para que así conste e sirva de notificación ó demandado rebelde, Juan Blanco Lueiro, con domicilio descoñecido, expido, selo e asino presente edicto en Negreira o quince de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

2151