Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 23 de abril de 1996 Páx. 3.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996 pola que se ordena a publicación do convenio de colaboración entre o Ministerio para as Administracións Públicas e a Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento de plans de formación continua acollidos ó acordo de formación continua nas administracións públicas do 21 de marzo de 1995.

Coa finalidade de establece-la oportuna colaboración entre a Administración do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento de plans de formación continua acollidos ó acordo de formación continua nas administracións públicas, asinouse o día 7 de marzo de 1996, o convenio de colaboración entre o Ministerio para as Administracións Públicas e a Comunidade Autónoma de Galicia, debéndose poñer en xeral coñecemento o devandito convenio de colaboración. En consecuencia do anterior,

RESOLVO:

Único.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio de colaboración entre o Ministerio para as Administracións Públicas e a Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento de plans de formación continua acollidos ó acordo de formación continua nas administracións públicas do 21 de marzo de 1995.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

CONVENIO

En Madrid, 7 de marzo de 1996.

REUNIDOS:

Dunha parte:

Joan Lerma Blasco, na súa calidade de ministro para as Administracións Públicas e en virtude da competencia conferida polo acordo do Consello de Ministros do 21 de xullo de 1995, publicado por Resolución do 31 de xullo de 1995, da Secretaría de Estado para as Administracións Territoriais.

Doutra parte:

Dositeo Rodríguez Rodríguez, conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, que actúa en nome e representación da dita comunidade.

Ámbalas partes recoñécense competencia e capacidade para asina-lo presente convenio de colaboración e,

EXPOÑEN:

Primeiro.-O artigo 149.1º.18 da Constitución resérvalle ó Estado competencia exclusiva sobre as

bases de réxime xurídico das administracións públicas, que en todo caso garantirán ós administrados un tratamento común ante elas.

De acordo con iso e conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia, correspóndelle á Comunidade Autónoma, no marco da regulación xeral do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de réxime xurídico da Administración da Comunidade Autónoma.

Segundo.-Que a comisión xeral para a formación continua, creada polo acordo Administración-sindicatos do 15 de setembro de 1994, é o órgano de composición paritaria ó que lle corresponde ordena-la formación coninua nas administracións públicas.

É competencia especial desta comisión acorda-la distribución dos fondos dispoñibles para o financiamento dos plans de formación continua.

Terceiro.-A disposición adicional 2ª da Lei de presupostos xerais do Estado para 1995, nos termos en que foi prorrogada polo Real decreto lei 12/1995, do 28 de decembro, articula a financiación da formación continua nas administracións públicas para o presente exercicio.

O crédito correspondente figura no orzamento do Instituto Nacional de Administración Pública.

Cuarto.-Que a comisión de formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia aproba o plan de formación continua promovido pola Comunidade Autónoma de Galicia e o remite á comisión xeral para a formación continua para a súa consideración no marco dos criterios establecidos mediante o acordo de xestión para 1996.

Quinto.-Que, unha vez aprobado definitivamente o plan de formación continua promovido pola Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co previsto na letra d) do artigo 16, capítulo V do acordo de formación continua nas administracións públicas do 21 de marzo de 1995, o devandito plan será desenvolvido segundo o establecido na orde ministerial pola que se aproban as bases reguladoras para o desenvolvemento de plans de formación no marco do acordo de formación continua nas administracións públicas do 21 de marzo de 1995 e no presente convenio de colaboración.

Polo que as partes acordan subscribi-lo presente convenio de colaboración con arreglo ás seguintes:

CLÁUSULAS

Primeira.-Obxecto do convenio.

O presente convenio ten por obxecto establece-la colaboración entre o Ministerio para as Administracións Públicas e a Comunidade Autónoma de Galicia representada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, para o desenvolvemento de plans de formación continua acollidos ó acordo de formación continua nas administracións públicas.

Segunda.-Ámbito de aplicación.

O ámbito do convenio esténdese á Comunidade Autónoma de Galicia, podendo afectar ós empregados públicos que presten os seus servicios no terri

torio da dita Comunidade Autónoma e a súa participación estea prevista no plan de formación, con excepción da Administración xeral do Estado e a Administración local.

Terceira.-O Ministerio para as Administracións Públicas, a través do Instituto Nacional de Administración Pública e con cargo á súa dotación orzamentaria 22.101.121C.450, transferirá a cantidade correspondente ó plan de formación continua obxecto do presente convenio á entidade promotora designada pola Comunidade Autónoma de Galicia, que se destinará ó desenvolvemento do plan de formación continua aprobado de acordo co previsto na letra d) do artigo 16, capítulo V do acordo de formación continua nas administracións públicas do 21 de marzo de 1995.

Cuarta.-A entidade promotora destinará os fondos librados polo Instituto Nacional de Administración Pública ós gastos correspondentes á execución e desenvolvemento das accións formativas previstas no plan de formación continua aprobado.

Quinta.-A entidade promotora á que se refire a cláusula anterior será a que designe o conselleiro da Comunidade Autónoma asinante do presente convenio.

Sexta.-O seguimento do presente convenio correspóndelle á comisión xeral para a formación continua, sen prexuízo do previsto no artigo 17 do acordo de formación continua nas administracións públicas.

Sétima.-Dos litixios que poidan xurdir na aplicación e interpretación deste convenio coñecerá a xurisdicción contencioso-administrativa.

Oitava.-A Comunidade Autónoma de Galicia acreditará a realización da actividade de acordo co previsto na Lei xeral presupostaria.

Novena.-Este convenio terá vixencia durante o exercicio orzamentario de 1996.

E, en proba de conformidade, asinan o presente convenio en exemplar duplicado, quedando un en poder de cada parte, no lugar e data arriba indicados. O ministro para as administracións públicas, Joan Lerma Blasco. O conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, Dositeo Rodríguez Rodríguez.

Joan Lerma BlascoDositeo Rodríguez Rodríguez

Ministro para as AdministraciónsConselleiro da Presidencia e

PúblicasAdministración Pública

2930