-Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.
-Obra: unidade de atención primaria nº 1 no ambulatorio de Ferrol (A Coruña).
-Orzamento da contrata: 2.369.118 ptas.
-Prazo de execución: 2 meses.
-Clasificación do contratista: non se esixe.
-Fianza definitiva: non se esixe.
-Forma de tramitación: urxente.
Exposición de documentación:
Poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos),
edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Prazo de presentación de proposicións:
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores:
Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado polo mesmo, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións:
Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios:
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.
P.D. (Decreto 64/1996, 15-2)
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
2920