Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto para a redacción do proxecto básico e de execución da construcción do centro de saúde de Ordes (A Coruña).

-Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

-Obra: construcción do centro de saúde de Ordes (A Coruña).

-Orzamento da contrata: 5.826.912 ptas.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Fianza definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición de documentación:

Poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos),

edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por el, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.

P.D. (Decreto 64/1996, 15-2)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

2919