Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.729

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de abril de 1996 pola que se convocan probas selectivas para cobertura de postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección operador de ordenador mediante o nomeamento de persoal interino, vacantes nos servicios dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Estando vacantes 4 postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección operador de ordenador nos servicios dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e sendo urxente a súa cobertura por razóns das necesidades do servicio, apreciada pola Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, en sesión celebrada o día 16 de abril de 1996, unha vez emitido o preceptivo informe previsto no artigo 7 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril, esta consellería, no uso das facultades conferidas polo artigo 13 da dita lei, dispón a cobertura dos postos de traballo, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

A finalidade desta convocatoria de probas selectivas é a cobertura de 4 postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección operador de ordenador vacantes nos servicios dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, mediante nomeamento de persoal interino previsto no artigo 7 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril.

As funcións dos postos de traballo realizaranse en réxime de quendas.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Seren españois.

b) Teren cumpridos os dezaoito anos de idade.

c) Non estaren separado smediante expediente disciplinario do servicio de calquera Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Estar en posesión do título, ou acreditar de maneira que faga fe ser bacharelato, formación profesional de 2º grao ou equivalente.

e) Non padeceren enfermidade, nin estaren afectados por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

Os requisitos sinalados deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Terceira.

Encoméndaselle á Consellería de Familia, Muller e Xuventude a elaboración da relación de aspirantes admitidos e excluídos e a realización e cualificación das probas.

Cuarta.-Probas.

O programa que rexerá nas probas selectivas é o que figura no anexo I desta convocatoria.

-Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio.

Consistirá en contestar a un cuestionario de 60 preguntas sobre o temario descrito no anexo I. Cada pregunta constará de 3 respostas posibles. O 15% das preguntas versarán sobre o temario xeral do programa.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e terá unha duración máxima de 90 minutos.

-Segundo exercicio: de carácter eliminatorio.

a) Primeira proba: proba práctica de operación sobre ordenador con sistema operativo Unix VSR4.

Esta proba terá unha duración máxima de 30 minutos.

b) Segunda proba: proba práctica sobre Windows e redes locais.

Esta proba terá unha duración máxima de 30 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos.

-Terceiro exercicio: de carácter eliminatorio.

a) Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo entre tres textos propostos polo tribunal.

b) Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e terá unha duración máxima dunha hora.

Unha vez realizados cada un dos distintos exercicios do proceso selectivo, corresponderalles ós tribunais establece-los criterios de corrección deles, e decidir, baseándose nisto, os que os superan ou os que resulten eliminados.

Os aspirantes presentaranse para a realización de cada un dos exercicios provistos do DNI ou documento que faga fe que acredite a súa identidade á xuízo do tribunal.

Os exercicios celebraranse a porta pechada sen máis asistencia que a dos aspirantes, membros do tribunal e os colaboradores designados por el. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación acadada en cada un dos distintos exercicios.

De producirse empate de puntuación entre varios aspirantes resolverase a favor do aspirante que acadase a maior puntuación no segundo exercicio. De persisti-lo empate, resolverase a favor da primeira letra do primeiro apelido, segundo a orde do alfabeto.

Para a realización do segundo e terceiro exercicios, os aspirantes serán convocados polo tribunal, cunha antelación mínima de 48 horas á data de celebración destes, mediante un anuncio que se expoñerá no mesmo lugar de celebración do exercicio anterior e por aqueloutros medios que o tribunal considere oportuno.

Quinta.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar instancia, segundo o modelo que figura como anexo II á presente orde,

no rexistro xeral das consellerías da Presidencia e Administración Pública, Familia, Muller e Xuventude, no das súas delegacións provinciais, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, Coa instancia deberá xuntarse fotocopia do DNI e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

2. Como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 6.880 ptas., e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral das consellerías da Presidencia e Administración Pública, Familia, Muller e Xuventude, e nos das súas delegacións provinciais, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III.

Sexta.-Admisión de solicitudes.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude elaborará unha relacíón de aspirantes admitidos e excluídos, que será publicada nos taboleiros de anuncios da mesma consellería e nos das súas delegacións provinciais, e poderase formular contra ela reclamación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da publicación, transcorrido o dito prazo a Consellería de Familia, Muller e Xuventude publicará no Diario Oficial de Galicia as listas definitivas de admitidos e excluídos.

Por medio do dito anuncio convocarase ós aspirantes admitidos á realización do primeiro exercicio, e indicarase día, hora e lugar de celebración.

Sétima.-Tribunal.

O tribunal encargado de efectua-la selección, que estará constituído por un número impar de membros, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes, será nomeado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e formará parte del un representante da Consellería da Presidencia e Administración Pública, proposto polo director xeral da Función Pública, e un representante dos funcionarios da Comunidade Autónoma proposto polas organizacións sindicais presentes na mesa sectorial dos funcionarios. A súa composición farase pública por medio do anuncio que se cita na base anterior.

Para os efectos do disposto no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, o tribunal ten a categoría terceira.

O tribunal poderá nomear asesores especialistas que lle presten a súa colaboración na realización das probas.

Oitava.-Resolución.

No prazo máximo dun mes a partir do remate das probas o tribunal calificador elevaralle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de aspirantes que superaron as probas, que será publicada

a) Fotocopia cotexada do DNI.

b) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado por medio de expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública e de que non foi inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

c) Fotocopia cotexada do título requirido na convocatoria.

d) Certificado médico oficial acreditativo de que non padece enfermidade e, no caso de estar afectado por algunha limitación física ou psíquica, certificado expedido polo órgano competente acreditativo de que tal limitación é compatible co desempeño das correspondentes funcións.

Novena.-Nomeamento.

Entregada e comprobada a documentación os aspirantes seleccionados poderán escolle-las prazas segundo a orde de puntuación nas probas, e serán nomeados interinos do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección operador de ordenador por orde do Conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que será publicada no DOG.

Os aspirantes que no prazo establecido na base anterior non presenten a documentación ou o fagan de xeito incompleto, perderán tódolos seus dereitos, agás en casos forza maior.

Décima.-Toma de posesión. A toma de posesión realizarase no prazo de 5 días a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da orde do nomeamento do conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Programa para a escala técnica auxiliar de informática, sección operador de ordenador

Temario xeral

1. A Constitución española de 1978: Dereitos e deberes fundamentais. A Coroa. O Goberno.

2. A Comunidade Autónoma de Galicia. A Xunta de Galicia e o seu Presidente. O Parlamento de Galicia, elección dos seus membros e competencias.

3. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: o procedemento administrativo, fases do procedemento. Os recursos administrativos.

Temario específico

1. Visual Basic/Power Builder.

-Programación orientada a obxectos: conceptos de clases, obxectos, abstracción de datos, herdanza, polimorfismo, encapsulación.

-PowerBuilder: DataWindows, librerías de clases, repositorio.

-Administración de proxectos VB.

-Creación e uso dos controis VB.

-Diálogos VB.

-Menús VB.

-Procesado de arquivos (secuencia, aleatorio, binarios) VB.

-Distribución de aplicacións VB.

2. Entorno Windows.

-Configuración do sistema.

-Xestión de impresión.

-Xestión de tarefas.

-Operación xeral do sistema.

3. Sistema operativo Unix (a nivel operación).

-Xestión de impresión.

-Copias de seguridade.

-Sistemas de ficheiros.

-Estructura de directorios.

-Xestión de procesos.

-Utilidades do sistema.

4. Microinformática: Pc's e impresoras.

-Arquitectura de equipos.

-Xestión da memoria (Base, EMS, XMS).

-Periféricos.

-Tipos de impresoras.

5. Dispositivos de almacenamento de información.

-Tipos de dispositivos.

-Seguridade da información.

6. Redes locais.

-Definición, características.

-Tipos de LAN.

-Topoloxías.

-Protocolos.

ANEXO II

(Continuación)

Instruccións para o/a interesado/a

Instruccións xerais:

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo utilizando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles.

-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscas.

-Non esqueza asina-lo impreso.

Provincia de nacemento:

Consigne o texto e o código correspondente, tomando en consideración:

01 Álava14 Córdoba27 Lugo40 Segovia
02 Albacete15 A Coruña28 Madrid41 Sevilla
03 Alacante16 Cuenca29 Málaga42 Soria
04 Almería17 Xirona30 Murcia43 Tarragona
05 Ávila18 Granada31 Navarra44 Teruel
06 Badaxoz19 Guadalaxara32 Ourense45 Toledo
07 Baleares20 Guipúscoa33 Asturias46 Valencia
08 Barcelona21 Huelva34 Palencia47 Valladolid
09 Burgos22 Huesca35 As Palmas48 Biscaia
10 Cáceres23 Xaén36 Pontevedra49 Zamora
11 Cádiz24 León37 Salamanca50 Zaragoza
12 Castellón25 Lleida38 Tenerife51 Ceuta
13 Cidade Real26 A Rioxa39 Cantabria52 Melilla

2974