Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/160-2. Libro de rexistro: 4.417 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar R.B.T. en Rodríz, Agro e Paredes-O Páramo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11,

así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1kV 50-25, de 54,6 mm Al, sobre postes de formigón, cunha lonxitude de 1.094 metros a de Rodriz e 180 metros a de Paredes, para mellora do servicio eléctrico en Rodríz, Agro e Paredes, no concello do Páramo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 31 de xaneiro 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2550