Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 22 de abril de 1996 Páx. 3.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 422/1996, interposto por Queiper Laza, S.L., contra resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 22-1-1996, e outra da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, de data 30-1-1996.

Ponse en xeral coñecemento que con esta data se lle remite ó presidente da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por ela en relación co recurso contencioso-administrativo nº 422/1996, interposto por Queiper Laza, S.L. contra resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de 22-1-1996, e outra da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, de data 30-1-1996, sobre servicio de transporte escolar (94OUB184. Concurso público convocado por Resolución de 31-7-1995), co fin de que poidan comparecer diante do dito tribunal, no prazo de nove días, cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30

de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2547