Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 marzo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dunha consultoría e asistencia para a realización dunha enquisa domiciliaria para a obtención da información necesaria para a emisión da tarxeta sanitaria, nunha área xeográfica de Galicia que comprende 440.000 habitantes.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega da consultoría e asistencia: Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza da consultoría e asistencia: contratación dunha asistencia para a realización dunha enquisa domiciliaria para a obtención da información necesaria para a emisión da tarxeta sanitaria, nunha área xeográfica de Galicia que comprende 440.000 habitantes.

Orzamento total: cento oitenta e cinco millóns de ptas. (185.000.000 ptas.) IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas:

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas, punto 2.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Subdirección Xeral de Planificación e Aseguramento (Secretaría Xeral); edificio administrativo San Lázaro; teléfono 54 54 00, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 10 de maio de 1996.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 17 de maio de 1996.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Planificación e Aseguramento (Secretaría Xeral). Edificio administrativo San Lázaro; teléfono 54 54 00, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Lázaro a parir das 10 horas do 28 de maio de 1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional 2% do orzamento de licitación: 3.700.000 ptas. Ver punto 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referenciais ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das preposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas, punto 11.

14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 27 de marzo de 1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1684