Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación dos predios afectados pola construcción das instalacións de distribución de gas natural para usos industriais, recollidos no proxecto do ramal de gas natural Pontevedra-Ourense.

Con data 16 de outubro de 1995, foron autorizadas pola Dirección Xeral de Industria as instalacións do ramal Pontevedra-Ourense. A dita aprobación,

de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración da necesidade de ocupación dos bens afectados. Ó mesmo tempo, a declaración de utilidade pública e maila urxencia na ocupación vén regulamentada polo disposto no artigo 10 da antedita lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expro

piación forzosa do 16 de decembro de 1954, resolveu convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados nas casas dos concellos onde radican os predios, como lugar de reunión, para de conformidade co procedemento establecido no citado artigo 52, proceder a levanta-las actas previas á ocupación.

Tódolos interesados, e mailas personas que sexan titulares dalgún dereito ou interese sobre os bens afectados deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade e mailo último recibo da contribución, podendo vir acompañado, pola súa conta, dos seus peritos ou un notario, se o considera conveniente.

O levantamento das actas terá lugar no Concello de Avión os días 22 e 23 de abril de 1996 ás 9 horas, e no Concello do Carballiño o día 24 de abril de 1996 ás 9 horas, no Concello de Maside o día 24 de abril de 1996 ás 16 horas, no Concello de Punxín o día 25 de abril de 1996 ás 9 horas, e no Concello de Amoeiro o día 25 de abril de 1996 ás 16 horas.

A orde do levantamento das actas comunicaráselle a cada interesado mediante cédula de citación, figurando a relación dos convocados no taboleiro de edictos das casas dos concellos sinalados.

Faise notar que esta publicación dá cumprimento asemade ó establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación da presente resolución ós titulares descoñecidos e aqueles de enderezo descoñecido.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

Ourense, 27 de marzo de 1996.

Por substitución legal

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense

9602622