Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade e urxente ocupación e imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución do proxecto que se cita. (Expediente 207/1995 e catro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, a declaración da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento, transcríbese de seguido a relación concreta e individualizada dos interesados cos que se considera cómpre a expropiación para a execución dos seguinte proxectos denominados:

Liña eléctrica a M.T. a C.T. Meiro, no concello de Bueu, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da delegación provincial de Industria do 19 de setembro de 1995. (Expediente número 207/1995 A.T.).

Liña eléctrica a M.T. Sobreira II-Crotiñas, no concello de Vigo, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da delegación provincial de Industria do 2 de maio de 1995. (Expediente número 46/1995 A.T.).

Liña eléctrica a M.T. Matamá-Moo, no concello de Vigo, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da delegación provincial de Industria do 8 de xullo de 1993. (Expediente número 11/1993 A.T.).

Liña eléctrica a M.T. Casaldarnos-Besomaño, no concello de Ribadumia, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da delegación provincial de Industria do 18 de agosto de 1995. (Expediente número 143/1995).

Liña eléctrica a M.T. Pereira, no concello de Marín, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da delegación provincial de Industria do 21 de agosto de 1995. (Expediente número 145/1995).

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun diario local dos de maior circulación así como os interesados en igual prazo, ós que se lles practica notificación individual, poderán aprotar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para este efecto estará

expsoto o expediente, con proxecto da instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, r/ Gran Vía, 76 en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán instar a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Vigo, 26 de marzo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9602621