Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Arnego, nos concellos de Agolada, Lalín e Rodeiro, por parte de Mineras de Rocas, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Minera de Rocas, S.L., con domicilio en r/ Progreso, 18, A Cañiza, presentou nesta delegación provincial o día 13 de decembro de 1993, instancia-solicitude do permiso de investigación Arnego, de 84 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Agolada, Lalín e Rodeiro, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu ó número 2.648 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1-8º 04' 20''42º 44' 00''
Vértice 2-8º 03' 40''42º 44' 00''
Vértice 3-8º 03' 40''42º 44' 20''
Vértice 4-7º 59' 00''42º 44' 20''
Vértice 5-7º 59' 00''42º 42' 00''
Vértice 6-7º 59' 40''42º 42' 00''
Vértice 7-7º 59' 40''42º 42' 20''
Vértice 8-8º 00' 40''42º 42' 20''
Vértice 9-8º 00' 40''42º 41' 40''
Vértice 10-8º 03' 00''42º 41' 40''
Vértice 11-8º 03' 00''42º 42' 00''
Vértice 12-8º 02' 00''42º 42' 00''
Vértice 13-8º 02' 00''42º 43' 20''
Vértice 14-8º 02' 20''42º 43' 20''
Vértice 15-8º 02' 20''42º 43' 40''
Vértice 16-8º 03' 40''42º 43' 40''
Vértice 17-8º 03' 40''42º 43' 00''
Vértice 18-8º 04' 20''42º 43' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2641