Pola Resolución do 19 de febreiro de 1996 aprobouse un gasto de 24.995.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato da subministración de material mobiliario con destino á E.T.S.A. da Coruña, dependente desta consellería. Expediente: 496.
Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial de Galicia, prensa e taboleiro de anuncios.
Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación en data do 1 de abril de 1996, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora.
Esta consellería,
RESOLVEU:
Primeiro.-Adxudica-la mencionada contratación da seguinte forma:
Nº lote material Importe
**Empresa Roneo 1 mesa 15.157.850
**Empresa Tecam 2 armarios metálicos 7.120.500
***Total*** 22.278.350
Segundo.-O prazo de execución será dun mes contado desde a notificación da adxudicación.
Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 1996.
(Orde 8-9-1994)
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral de Educación e Ordenación Universitaria
2598