Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.616

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1996 pola que se convoca un curso sobre medidas de protección do medio ambiente natural dirixido ós membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre medidas de protección do medio ambiente natural, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo contribuír á formación ambiental, tanto na teoría coma na práctica dos membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, que facilite o seu traballo nas competencias que teñen asumidas na nosa comunidade.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 35.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 26 de abril, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incum

primento deste requisito implicará á non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse entre outros os seguintes temas:

-Módulo I: marco institucional do medio ambiente.

-Módulo II: conceptos básicos e introducción xeral.

-Módulo III: instrumentos de xestión ambiental.

-Módulo IV: xestión ambiental nos diferentes sectores (aire, auga e solo).

-Módulo V: xestión ambiental de instalacións industriais de especial interese.

-Módulo VI: xestión do medio natural.

Datas.

O curso celebrarase en datas do 6 ó 10 de maio de 1996.

O horario será o seguinte: de luns a venres de 10 a 14 horas, e de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 30 de abril, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

O curso desenvolverase na cidade de Santiago de Compostela, quedando por concreta-lo seu lugar de celebración, que se comunicará previamente coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, suporá a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adapta-lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

96-2681