Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/124-2. Libro de rexistro: 4.381 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T en Centeais-Quiroga, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 2.187 metros, sobre postes de formigón e metálicos. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/400-231 V ±2,5% ±5%, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV, 3x95/54,6 mm Al, cunha lonxitude de 60 metros, para mellora do servicio eléctrico en Centeais, concello de Quiroga.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 29 de febreiro 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602629