Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para o concurso de explotación e instalación de estacións de aforo en estradas da rede autonómica.

Adxudicatario: Tranor, S.L.

Orzamento: 53.181.290 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra do corredor Ferrol-As Pontes de García Rodríguez. Treito: San Sadurniño-Igrexafeita.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento: 9.990.561 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da C-646. Treito: Cedeira-Campo do Hospital. N/AC/89.1 y N/AC/95.1. Travesía de Ortigueira.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 17.923.114 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da AC-104 E AC-102. Treito: Esteiro-Felgosas.

Adxudicatario: Corcontrol, S.A.

Orzamento: 11.596.188 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da AC-234. Treito: Corredoiras-Arzúa.

Adxudicatario: Enmacosa.

Orzamento: 11.100.625 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-450. Treito: Bertamiráns-Negreira.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 11.450.000 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de acondicionamento do corredor central. Treito: Escairón-Monforte III.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 7.771.652 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da C-630. Treito: Lastra-A Fonsagrada.

Adxudicatario: Cenilesa.

Orzamento: 13.217.468 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da PO-342. Treito: Cela-Mosende.

Adxudicatario: Topogray, S.L.

Orzamento: 6.977.535 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo, cartografía e impacto ambiental da nova estrada de conexión PO-300. Vilagarcía de Arousa.

Adxudicatario: Interurban, S.A.

Orzamento: 10.111.430 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9602594