Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1996, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da nova estrada Sanxenxo-O Grove (clave N/PO/90.4.7).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 8 de febreiro de 1996, o estudio informativo da nova estrada Sanxenxo-O Grove, clave: N/PO/90.4.7 sométese o trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito ante a Subdirección Xeral de Estradas as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. O citado estudio informativo pódese examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e na Xefatura Provincial de Estradas de Pontevedra.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de 15 días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro , de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de medio ambiente de Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra e no Concello de Sanxenxo.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

2345