Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.558

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1996 pola que se convoca a libre designación un posto vacante do cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o psoto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente, este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Leii 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, resolve convocar a libre designación o antedito posto, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria:

1. requisitos dos candidatos.

Poderán concursa-los funcionarios que pertenzan ós gruipos de titulación esixidos para o posto convocado.

Tamén poderá concursa-lo persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela declarado a extinguir. Neste sentido, os seus méritos serán avaliados de acordo co mesmo baremo, e puntuarase o nivel de complemento de destino co que corresponda ó posto ocupado polo/a aspirante nas relacións de postos de traballo, e non se puntuará a pertenza a outros grupos do cadro de persoal laboral da universidade ou de calquera outro organismo, e establecendo as seguintes equivalencias no tocante á pertenza a grupos:

Grupo 4 laboral a grupo D funcionarios.

Grupo 3 laboral a grupo C funcionarios.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiránselle ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles a partir da data de publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, no rexistro do campus de Lugo, ou na forma prevista nmo artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3. Méritos.

Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae, e xustificar debidamnente os méritos que aleguen.

4. Adxudicación de postos.

No caso de resultar seleccionado para ocupa-los postos de traballo relacionados no anexo, algún fun

cionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

5. Norma derradeira.

A presente convocatroria e as súas bases, así como cantos actos administrativos se deriven desta, poderán ser recorridos polos interesados, de conformidade co establecido na vixente Lei de réxime xurídico da sadministracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1996.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

* 1 Posto de secretaria do Gabinete de Coordinación.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 524.508 ptas.

9602638