Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.558

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1996 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración, a Ana de Miguel Álvarez.

De conformidade coa proposta elevada poola comisión designada para xulgar o concurso, convocado por resolución desta universidade do 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril) para a provisión da praza número 95/015 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración, a favor de Ana de Miguel Álvarez, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana de Miguel Álvarez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade.

A Coruña, 27 de marzo de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

2344