Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta aprobada pola mesa negociadora do convenio sectorial provincial da construcción de Ourense.

Visto o texto da acta subscrita en representaci da parte económica pola Asociación de Constructores de Ourense e da parte social polas centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO., integrantes da mesa negociadora do convenio colectivo do sector da construcción (código nº 3200155) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, en xuntanza celebrada o 6 de marzo de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da dita acta no rexistro desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 14 de marzo de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Asistentes:

Polas centrais sindicais:

Anxo Pérez Carballo (CIG) asesor.

Juan Miguel Muñoz Álvarez (UGT).

Rafael López de la Torre (CC.OO.).

Pola ACO:

Aníbal Gamallo Zarza.

Carlos Fernández Alonso.

Jorge Caride Luna.

Cesáreo Fernández Ríos.

José Antonio Pérez Fernández (asesor).

En Ourense, ás 18 horas do mércores 6 de marzo, reúnense nos locais da ACO os á marxe indicados, representantes das centrais sindicais e da ACO, previamente convocados para o efecto, e co seguinte punto da orde do día:

1º Fixación do quántum indemnizatorio a que se fai referencia no artigo 70 do Convenio Xeral do Sector da Construcción.

2º Fixación da xornada ordinaria anual e aprobación do calendario laboral para o corrente exercicio, de conformidade co artigo 71 do mencionado Convenio Xeral Sectorial da Construcción.

3º Suspensión da negociación do presente convenio, mentres non se acade o Acordo Sectorial Nacional pendente de negociación.

4º Autorización para presentar esta acta ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

Preside a reunión Jorge Caride Luna, sendo secretario, Juan Miguel Muñoz Álvarez, e existindo quórum suficiente, declárase validamente constituída esta xunta, adoptándose os seguintes acordos, logo de deliberación, debate e votación:

Acordo primeiro.-Acórdase por unanimidade fixa-lo dito quántum indemnizatorio 4.500.000 ptas. (catro millóns cincocentas mil pesetas), respectándose o texto do artigo 20º (indemnizacións) do anterior convenio provincial, que se dá por reproducido nos seus propios e directos termos, formando parte integrante deste acordo.

Acordo segundo.-Acórdase, tamén por unanimidade, fixa-la xornada ordinaria anual en 1.768 (mil setecentas sesenta e oito) horas respectándose o texto do artigo 8º (xornada laboral) do anterior convenio provincial, que se ten por reproducido nos seus propios e directos termos, formando parte integrante deste acordo, e fixándose como días non laborais para o axuste do calendario laboral anual, o 8 de abril, o 2 de maio, o 26 de xullo, o 16 de agosto, o 11 de outubro, o 4 de novembro, e o 24 e 31 de decembro, que se poderán permutar por outras datas, logo de acordo entre empresa e traballador.

Acordo terceiro.-Por maioría, co só voto en contra da CIG, acórdase suspende-las negociacións do presente convenio, mentres non se acade o Acordo Sectorial Nacional pendente de negocación.

Acordo cuarto.-Por unanimidade, facúltase a José Antonio Pérez Fernández para presentar esta acta ante a Delegación Provncial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión, logo da lectura e aprobación por unanimidade dasta acta, sendo as 19.30 horas do día da data, asinando por septuplicado, e para un só efecto.

9602634