Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato para a realización de traballos específicos e concretos non habituais da Administración, consistente na posta en marcha dunha rede de área local no Instituto Galego de Consumo e as súas delegacións provinciais.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo (IGC).

Organismo: Insituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 3/1996.

Obexecto do contrato: realización de traballos consistentes na posta en marcha dunha rede de área local no Instituto Galego de Consumo e as súas delegacións provinciais.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: será desde o 20 de maio de 1996 ata o 15 de decembro do mesmo ano.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dous millóns duascentas setena e cinco mil pesetas (2.275.000 ptas.).

Garantías provisional: non se esixe.

-Obtención de documentación e información.

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

-Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de prestnación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación.

Entidade: Insituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A.P.

-Apertura de ofertas.

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se cadrase en sábado ou festivo posporase o primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

96-2354