Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da subministración de material informático.

Obxecto.

Adquisición polo IGVS do material informático que se específica no correspondente prego de prescricións técnicas.

Orzamento.

Lote 1: seis millóns cincocentas noventa mil pesetas (6.590.000) IVE incluído.

Lote 2: dous millóns catrocentas mil pesetas (2.400.000) IVE incluído.

Prazo de entrega.

Vinte (20) días.

Garantía provisional.

Lote 1: cento trinta e unha mil oitocentas pesetas (131.800).

Lote 2: corenta e oito mil pesetas (48.000).

Garantía definitiva.

Lote 1: duascentas sesenta e tres mil seiscentas pesetas (263.000).

Lote 2: noventa e seis mil pesetas (96.000).

Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán á disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación das propostas.

As proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Apertura de propostas.

A apertura das propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás once (11) horas do quinto día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidese en sábado, a mesa reuniríase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio.

O importe deste anuncio será aboado, proporcionamente, polo adxudicatario de cada lote.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1996.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

2751