Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, para a contratación de subministracións polo sistema de procedemento aberto por concurso.

Obxecto: adquisición de tres (3) guindastres con destino ós portos pesqueiros de Burela, O Vicedo e San Cibrao (Lugo).

Prazo de execución: un (1) mes contado desde a sinatura do contrato.

Orzamento: dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 ptas.).

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa do Sar, nº 75, Santiago de Compostela) ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do primeiro día hábil no que se cumpran trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas do primeiro día hábil no que se cumpran tres días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será ó seguinte día hábil.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario e deberá ser aboado con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

9602091