Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO de información pública sobre levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 45/1996 (Diario Oficial de Galicia nº 29, do 9-2-1996) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 31-8-1995, fáise saber a tódolos afectados, pola execución dos proxectos que a seguir se indican:

Reelectrificación de Veiguicela-Cela, Outeiro de Rei, 3348 A.T., propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 31-8-1995, e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta Delegación Provincial, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles día e hora para o levantamento das actas que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levanta-las mesmas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 16 de febreiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9602750