Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.432

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de febreiro de 1996 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para o bacharelato e se autoriza o uso de libros de textos e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regulou a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto estableceu como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e definiu as condicións que este ten que reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso, nos centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma, dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na citada Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1996

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Donostiarra.-Proxecto editorial debuxo técnico da materia debuxo técnico para o 2º curso de bacharelato.

Editex.-Proxecto editorial economía da materia economía para o 1º curso de bacharelato.

Oxford University Press.-Proxecto editorial Streetwise da materia lingua estranxeira: inglés para o 1º curso de bacharelato.

Tambre.-Proxecto editorial literatura española de 3º de BUP da materia de lingua castelá e literatura para o 3º curso de bacharelato unificado polivalente.

9601409