Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-106/1995.1 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días as alegacións que considere convenientes, no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 12 de marzo de 1996.

Manuel Francisco Gutiérrez

Instructor

ANEXO

Expediente: I-106/1995.1

Denunciado: Ander I. Fontán Barreiro.

Último enderezo coñecido: Trv. Mendieta Zaharbide, nº 2-1º A

Sopelana-Biscaia

Feito denunciado: acampada ilegal e queima non autorizada.

Precepto infrinxido: Art. 136 h) e 137 b) do regulamento á Lei de i.f.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento á Lei de i.f.

Sanción: 7.000 ptas.

2462