Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-393/1995 e catro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-393/1995 e catro máis) por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse

algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 12 de marzo de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

I-393/1995José Manuel Mayo Rodríguez

R/ San Rosendo, 6-5º

15007-A Coruña

Abandono dun vehículo en masa forestal.Art. 137 e) do Regulamento

á Lei de i.f.

Art. 139 do Regulamento

á Lei de i.f.

50.000
I-1/1996Armando de la Iglesia

R/ Bélgica, 7-3º B

36162-Pontevedra

Abandono dun vehículo en masa forestal.Art. 137 e) do Regulamento

á Lei de i.f.

Art. 139 do Regulamento

á Lei de i.f.

50.000
I-25/1996Manuel González Baloira

R/ Urzaiz, 124-4º B

36204-Vigo

Abandono dun vehículo en masa forestal.Art. 137 e) do Regulamento

á Lei de i.f.

Art. 139 do Regulamento

á Lei de i.f.

50.000
I-41/1996Mª Filomena Pérez Martínez

R/ Fragata Blanca, 24

36950-Moaña

Abandono dun vehículo en masa forestal.Art. 137 e) do Regulamento

á Lei de i.f.

Art. 139 do Regulamento

á Lei de i.f.

50.000
I-42/1996Ramón Sánchez Méndez

R/ Villa, s/n

36590-Vila de Cruces

Abandono dun vehículo en masa forestal.Art. 137 e) do Regulamento

á Lei de i.f.

Art. 139 do Regulamento

á Lei de i.f.

50.000

96-2464