Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador E.N. 78/1995 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Santiago Pérez Poza e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, ós efectos previstos no artigo 29 da devandita lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recúsalos en calquer momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou aporta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no Art. 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8).

Pontevedra, 28 de febreiro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 78/1995

Denunciado: José María Lago Pérez

Último enderezo coñecido: r/ Pontevedra 8-2ºD, Cambados.

Feito denunciado: cazar no espacio natural en réxime de protección xeral do Complexo Intermareal Umia-O Grove desde embarcación 6-12-1995.

Precepto infrinxido: Art. 38.2º da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e la flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: Art. 38 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 500.000 ptas.

1874