Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para o servicio de restauración e limpeza das intalacións do campamento xuvenil da Illa de Ons (Pontevedra).

A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

Obxecto: realización do servicio de restauración e limpeza das instalacións do campamento xuvenil de Illa de Ons (Pontevedra).

Número de expediente: 3/1996.

Orzamento base de licitación: 1.600 ptas./praza/día, co IVE incluído que o número máximo de prazas é de 550, establécese un orzamento estimado de gasto de 13.200.000 ptas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 528.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

Duración: comprenderá desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, ámbolos dous incluídos, en quendas de 15 días.

Clasificación esixible: grupo III, subgrupos 6 e 8, categoría C.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, que rexe o presente concurso.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, estarán a disposición dos interesados para o seu exame:

-Na Dirección Xeral de Xuventude, complexo administratiavo San Caetano, bloque 3-1º andar, teléfono (981) 54 48 21 (15771 Santiago de Compostela).

-No rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, complexo administrativo San Caetano, teléfono (981) 54 56 37 (15771 Santiago de Compostela).

-Na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en A Coruña, Avd. do Exército, 2-1º, teléfono (981) 18 57 00 (15006 A Coruña).

-Na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en Lugo, Ronda de Fingoi, s/n, teléfono (982) 29 43 43 (27002 Lugo).

-Na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en Ourense, Rúa Camiño Vello, Prado Lonia, s/n, teléfono (988) 38 60 86 (32004 Ourense).

-Na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en Pontevedra, r/ María Verdiales, 20, teléfono (986) 81 70 42 (36203 Vigo).

Tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 15 horas, ata o último día de presentación das proposicións.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 58 43 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na cláusula 2ª do prego de prescricións técnicas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (Santiago de Compostela), ás 11 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1996.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

2691