En cumprimento do disposto no artigo 36 do Regulamento da Caixa Xeral de Depósitos, faise público para xeral coñecemento o extravío do resgardo do depósito constituído en valores o día 8-9-1988, nº de rexistro 256/1988 por importe de 670.529 ptas., garantindo a Francisco Fernández del Nozal é á disposición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Delegación de Lugo.
Se, transcorrido o prazo de dous meses, contado a partir da data de publicación deste anuncio, non se tivese presentado o resgardo por ningunha persoa ou entidade, procederase sen máis trámite á expedición de duplicado ó seu lexítimo propietario ou representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal, extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efectos.
Lugo, 23 de febreiro de 1996.
Gonzalo L. Vázquez Rivas
Delegado territorial de Lugo
2688