Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.303

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 128/1996, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 7/1994, de creación do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, e se establece a súa estructura orgánica.

Advertidos error no citado decreto, publicado no DOG nº 66, do 2 de abril de 1996, é necesario face-las seguintes correccións:

-Na páxina 3.021, capítulo V, onde di: «Réxime disciplinario», debe dicir: «Réxime patrimonial».

-Na páxina 3.023, onde di: «Disposicións xerais», debe dicir: «Disposicións adicionais».

-Na páxina 3.023, disposición adicional sétima, liña cuarta, onde di: «en virtude do Decreto 76/1996», debe dicir: «en virtude do artigo 1 do Decreto 76/1996».

966