Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/38-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subestación Negreira-Duomes-Vilar de Suso.

Situación: Negreira.

Características técnicas: liña eléctrica subterráneo-aérea de media tensión, a 20 kV, con conductor R.H.V. 12720 kV de 3(1x240) mm Al, baixo tubo, de 565 m de lonxitude, con orixe na subestación de Negreira e final no apoio nº 1 da liña Duomes-Vilar de Suso na sua parte subterránea e sobre apoios de formigón, con conductor LA-110, de 3.285 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 1 da anterior e final no apoio nº 55 da liña Portolar-San Roman (Expte. 27.323). Concello de Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2428