Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de LL.MM.TT. Monteporreiro I-Monteporreiro IV, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente Monteporreiro I e remata no C.T. existente Monteporreiro IV, concello de Pontevedra.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 370 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Cela de liña adicional no C.T. Monteporreiro IV.
Orzamento: 8.913.155 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 5 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2441