Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e CC.TT. Canteiras de Atios, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.D.12/5 da L. 13.03 Atios-Canteiras que se vai substituír, rematando no apoio D.12/16 da mesma liña, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 455 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos.
Orzamento: 3.922.120 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 5 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2422