Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 83/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de variante L.M.T. a CC.TT. Canteiras Atios, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a torre metálica da L.1310 Atios-Canteiras ata o apoio que se proxecta H.V.H.-2500/17 desde o que continúa a L.M.T. aérea ós CC.TT. Minerais do Louro, Gravas Atios, S.A. e outros, deriva ó C.T. Pérez Leiros e enlaza coa L.M.T. subterránea en proxecto ós CC.TT. Aridos, M. Ramilo, C. Cabaleiros e outros, concello do Porriño.

Finalidade da instalación: desvío de liñas por construcción do polígono industrial Granxa.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 150 m de lonxitude con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón e 20 m de lonxitude con conductor tipo LA-110.

L.M.T., a 15/20 kV, subterránea de 470 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 4.962.055 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 5 de marzo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2423