Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de LL.MM.TT. enlace Eiriña, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.30.03 Mourente-Pontevedra IV, alimentando en bucle ó C.T. existente Eiriña, rematando na mesma liña, concello de Pontevedra.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 12/20 kV, de 345 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Equipo compacto de dúas celas de liña e unha de protección no C.T. existente de Eiriña.
Orzamento: 7.805.853 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 4 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2427