Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. II P-3 urbanización A Florida, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. I P-3 urbanización A Florida rematando no CT II P-3 na mesma urbanización, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., a 15/20 kV, subterránea, de 520 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.
Orzamento: 9.222.662 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 4 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2426