Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 1996 Páx. 3.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo, subscrito pola comisión paritaria do convenio o 18 de xaneiro de 1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

En Sobradelo de Valdeorras o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, reunida a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector lousa de Ourense e Lugo: 1995-1996, co obxecto de aplicar, se procede, a revisión do índice de prezos ó consumo (IPC) do ano 1995 e en función do mesmo aplica-lo incremento salarial para o ano 1996 e composta, pola parte social, polas seguintes persoas:

En representación de CC.OO.:

José Rodríguez Fernández.

Manuel Ojea Prada.

En representación de UGT:

Feliciano Blanco Diéguez.

Pedro Rodríguez Gómez.

En representación de USGA:

Ángel Rodríguez González.

En representación de CIG:

Adriano F. Brito Ferreira.

Pola parte empresarial, en representación da Asociación Galega de Louseiros:

Jesús Vidal Corcoba.

Rogelio López Rodríguez.

Aureliano Fernández Fernández.

Herminio Blanco Remesal.

Santaigo Vázquez León.

Severino González Valvarez.

Revisión salarial do convenio colectivo de traballo do sector de lousa de Lugo e Ourense. Acordos.

1. Coñecida a taxa anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 1995, que foi do 4,3%, en virtude do estipulado no artigo 12 do referido convenio colectivo non procede aplicar revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de mil novecentos noventa e cinco, ambos inclusive.

2. En virtude do disposto no artigo 13º do mencionado convenio colectivo, aplícase unha revisión salarial do 5% para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1996, ambos inclusive.

3. Establecer como anexo a táboa salarial revisada do convenio colectivo, para o período descrito no apartado anterior e que servirá de base de cálculo para o incremento salarial de 1997.

E en proba de conformidade con todo o seu contido, asinan a presente acta, en unión do seu anexo, no lugar e data do encabezamento.

ANEXO I

Táboa salarial convenio colectivo de lousa 1996

Categoría profesionalSal. B/DPlus Asist.

D/T

Sal. mes

Titulado superior3.0441.832129.792
Titulado medio3.0371.794128.784
Xefe 1ª Admon.3.0371.794128.784
Xefe de persoal3.0241.735127.155
Axte. obra Enc. Xral.3.0241.735127.155
Xefe Admón.3.0191.705126.155

Categoría profesionalSal. B/DPlus Asist.

D/T

Sal. mes

Delineante superior3.0191.705126.275
Xefe de compras3.0191.705126.375
Encargado taller3.0191.705126.375
Oficial 1ª Admón.3.0061.649124.809
Delineante 1ª3.0061.649124.809
Encargado obra3.0061.649124.809
Oficial 2ª Admón.2.9831.529121.599
Delineante 2ª2.9831.529121.599
Práctico topográfico2.9831.529121.599
Capataz2.9831.529121.599
Auxiliar Admón. ou Téc.2.9661.437119.157
Oficial 1ª oficio2.9661.437119.157
Listeiro2.9471.342116.592
Axte. topografía2.9471.342116.592
Oficial 2ª oficio2.9471.342116.592
Conserxe2.9471.342116.592
Vixilante2.9251.235113.685
Enfermeiro2.9251.235113.685
Garda xurado2.9251.235113.685
Axtes. oficios2.9251.235113.685
Oficial 3ª oficio2.9251.235113.685
Peón especialista2.9051.133110.943
Peón ordinario2.8851.030108.180
Trab. 17 anos2.75236090.120
Trab. Men. 17 anos2.72723886.808

Antigüidade Bienio = 2.500

Quinquenio = 3.800

2630