Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Explotaciones Turísticas de Galicia, S.A.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Explotaciones Turísticas de Galicia, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 7-2-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 22-1-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta única de revisión do convenio colectivo subscrito entre a empresa Explotaciones Turísticas de Galicia, S.A. e o seu establecemento Hotel María Pita.

Na cidade da Coruña, ás 16 horas do día 22 de xaneiro de 1996, reunidos en representación da empresa César Pérez Araque e en representación dos traballadores o comité de empresa representado por Ana Isabel Román Martínez, Juan Ramón Uia Acedo e Miguel Ángel Fernández Rubio.

Acuerdan: de conformidade co previsto na cláusula adicional única do citado convenio colectivo, asinada o 31 de marzo de 1995, revisa-las táboas salariais e os seus pluses para o ano 1996, na previsión da inflación fixada polo Goberno para o citado ano, consistente no 3,5%.

ANEXO I

Táboa salarial. Salarios brutos 1996

CategoríasSalario

base

Dif.

convenio

Total

Xefe recepción104.53077.580182.110
2º xefe recepción102.92557.760160.685
Contable xeral104.53097.090201.620
Oficial contabilidade99.88528.660128.545
Recepcionista99.88539.375139.260
Axudante recepción98.26024.930123.190
Telefonista98.26024.930123.190
Xefe de cociña104.530163.275267.805
2º xefe de cociña102.925111.320214.245
Xefe partida99.88560.800160.685
Cociñeiro98.28536.265134.550
Axudante de cociña95.24011.885107.125
Reposteiro99.88560.800160.685
Xefe de economato98.28573.110171.395
Marmitón92.03511.465103.500
Fregadora92.03515.090107.125
Xefe comedor104.530109.715214.245
2º xefe comedor102.92568.470171.395
Xefe de sector101.32543.290144.615
Camareiro101.10016.735117.835
Axudante camareiro95.24011.885107.125
Gobernanta102.92568.470171.395
2ª gobernanta99.88519.140119.025
Camareira pisos95.24011.885107.125
Mozo habilitación95.24011.885107.125
Vixilante noite95.24033.305128.545
Porteiro de accesos95.24011.885107.125
Mozo equipaxes95.24011.885107.125
Mozo dos recados 16-18 anos92.0359.730101.765
Lenceira/lavandeira92.03515.090107.125
Limpadora92.03515.090107.125
Encargado traballo104.53082.935187.465
Mecánico/calefactor95.24033.305128.545
Promotora99.88539.375139.260
RR.PP.99.88539.375139.260
Secretaria dirección99.88539.375139.260
Reservas99.88539.375139.260

ANEXO II

Artigo 10º.-Contratos formativos.

O salario dos aprendices será de 67.275 Ptas. (sesenta e sete mil dúascentas setenta e cinco pesetas) brutas mensuais para o ano 1996. En caso de incapacidade laboral transitoria, a empresa non aboará as cantidades recollidas no artigo 30º posto que non recibe compensación ningunha.

Respecto dos contratos en prácticas, a súa retribución será do 60% e do 75% para o 1º e 2º ano, respectivamente, da retribución que para cada categoría profesional estea fixada neste convenio.

Artigo 22º.4.-Complemento salarial de manutención.

O complemento salarial de manutención en especie fíxase en 4.925 ptas. (catro mil novecentas vintecinco pesetas) mensuais para o ano 1996. A súa compensación será en metálico para todo aquel traballador que non o perciba en especie. O dito complemento atópase incluído na diferencia de convenio da táboa salarial.

1906