Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.167

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de l996, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno do monumento de Santa Eulalia de Bóveda. Concello de Bóveda. Lugo.

Por Decreto do 3 de xuño de l93l, Gaceta do 4 de xuño de l93l, foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento Santa Eulalia de Bóveda. Concello de Bóveda. Lugo.

Sendo a devandita declaración anterior a entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro de l995 do patrimonio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a declaración da delimitación do contorno do monumento de Santa Eulalia de Bóveda. Concello de Bóveda. Lugo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente para a declaración da delimitación do contorno do monumento de Santa Eulalia de Bóveda. Concello de Bóveda. Lugo. (Artigo ll da Lei 8/1995, do 30 de outubro).

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a súa delimitación a seguinte.

«O punto 1, orixe da delimitación sitúase na estrada local á igrexa de Bóveda, que conduce ó núcleo de Bóveda en dirección norte unha vez pasado o río Mera, á altura do camiño que separa as parcelas 27 e 3 do polígono catastral 2l6.

A delimitación segue este camiño en dirección SO ata o punto 2, deixando dentro da delimitación as parcelas catastrais 3 e 4 (P. 216). No punto 2, situado no extremo SO da parcela número 4, vira cara ó NO, ata chegar ó punto 3, situado na servidume que desde Bóveda segue en dirección SO, servindo de linde entre os polígonos catastrais 211 y 216. Quedan incluídas dentro da delimitación as parcelas catastrais 4.5, 6 e 7 do p.216 e parte da 43 do p.211. Segue a liña en dirección NO ata o punto 4, situado no camiño que une Bóveda coa estrada que sae de Cabanas en dirección norte e segue o dito camiño ata o punto 5 situado na estrada antes referida.

Desde aquí toma dirección NO ata o punto 6 situado na desviación que conduce a Hombreiro, e de aquí ó punto 7 na estrada asfaltada que conduce a Vilanova.

Neste punto a liña segue o trazado da estrada máis en dirección este ata o cruzamento na estrada de Bóveda onde se sitúa o punto 8.

Desde aquí, e seguindo esta estrada en dirección norte segue ata o punto 9, situado sobre unha desviación sen asfaltar situada á dereita que se dirixe cara ó muíño do río Mera e que, atravesando o polígono catastral 215, toma a dirección SE ata chegar á estrada de acceso a Bóveda, onde se sitúa o punto 10.

Desde aquí segue a dita estrada ata o punto 1 co que se pecha a delimitación.»

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Darlle traslado da resolución ó alcalde de Bóveda-Lugo e notificarlle que: a incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto dun inmoble determinará a suspensión das correspondentes licencias de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberan realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura.

Cuarto.-Notificárlle a presente resolución ós propietarios, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural

do Ministerio de Cultura, e o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información

pública de 1 mes, contado a partir do día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de l996.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Histórico e Documental

9602574