Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.167

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de febreiro de 1996 pola que se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a colaboración titoriada en diversos centros dependentes da Dirección Xeral de Cultura.

Advertidos erros na orde publicada no DOG nº 50, do 11 de marzo de 1996, cómpreme efectua-las seguintes correccións:

-Artigo 2º, onde di: «así como a posesión de master nesta especialidade», debe quedar suprimido.

-Artigo 5º.2, onde di: «Con acreditación expresa de duración superior a 40 horas», debe dicir: «Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 40 horas».

-No anexo II, punto 3, onde di:

«Traballo remunerado noutros tipos de bibliotecas ou traballo non remunerado en calquera tipo delas.

-Número de meses remunerados ou non remunerados ata un máximo de 10...».

Debe dicir:

«Traballo remunerado noutros tipos de bibliotecas.

-Número de meses remunerados ata un máximo de 10...».

1925