Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a adxudicación da xestión indirecta por concesión do pavilón polideportivo por concurso e por procedemento aberto.

De conformidade co disposto no Art. 79 da Lei de contratos da Administración pública , anúnciase concurso por procedemento aberto, para adxudica-la xestión indirecta por concesión do pavillón polideportivo municipal, conforme o seguinte contido.

1. Obxecto do contrato. Xestión e prestación de servicios técnicos profesionais para o ensino deportivo, incluíndo programación, execución, control e avaliación.

2. Duración do contrato. O prazo da concesión é dun ano prorrogable por mutuo acordo das partes por períodos iguais ata un máximo de cinco anos.

3. Publicidade do prego. Estará de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

4. Garantía provisional. Será o 2% do tipo de licitación.

5. Exposición do prego de claúsulas administrativas. Durante os oito primeiros días hábiles, seguintes ó da publicación deste anuncio; en caso de impugnación suspenderase a impugnación.

6. Garantía definitiva. O 4% do importe da adxudicación.

7. Presentación de proposicións. Durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación.

8. Apertura de proposicións. Terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

9. Modelo de proposicións. O recollido nos pregos de condicións.

Sada, 27 de febreiro de 1996.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

9601579