Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 2/1996, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación da explotación da cafetería e restaurante do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación da explotación da cafetería e restaurante do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, logo

da execución das obras de remodelación do local onde se situarán.

Orzamento aproximado dos investimentos a realizar polo adxudicatario: 65.000.000 de ptas.

Canon anual a satisfacer ó Complexo Hospitalario Cristal-Piñor: 600.000 ptas.

Prazo de execución das obras: 5 meses , contados desde a subscrición do contrato.

Duración do contrato: 15 anos.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº. 2/1996, tramitado con carácter urxente.

Admisión de variantes: sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditación mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios globais, así como dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica: relación dos principais servicios efectuados durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles.

Fianza provisional: 2% do orzamento das investimentos a realizar.

Fianza definitiva: 4% do orzamento das investimentos a realizar.

Criterios de adxudicación: características funcionais 4 puntos. Experiencia no sector 4 puntos. Relación prezo/calidade 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión e SS.XX. do Complexo Hospitalario, rúa Ramón Puga nº. 52 (edificio administración, planta baixa), de Ourense, en días laborables, de 9 a 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante FAX (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel

no que remate o prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 18 de marzo de 1996.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Oureense

96-1640