Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/167-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de auto

rización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e CC.TT. na Fraga e Os Vicas.

Situación: Narón.

Características técnicas: liñas eléctricas áreas de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, con orixe na liña Narón-Igrixa (Expte. 27264):

-De 769 m de lonxitude, desde o apoio nº 12 ó C.T. a Fraga.

-De 436 m de lonxitude, desde o C.T. Narón-Igrexa.

-Centros de transformación aéreos de 160 kVA e 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Fraga e Os Vicas respectivamente, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 450 m de lonxitude e 80 m de lonxitude desde os ditos CC.TT. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1903