Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo 1996 pola que se convoca o concurso público 12/1996 -declarado de urxencia- para a contratación dun técnico para a realización de traballos específicos e concretos non habituales da Administración en materia de expropiación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público nº 12/1996 -declarado de urxencia- para a contratación dun técnico para a realización de traballos específicos e concretos non habituais da Administración en materia de expropiacións desta consellería.

1.-Fianza provisional: nesta contratación queda dispensada a prestación da garantía provisional ó abeiro do establecido no Art. 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación, edificio San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos, dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11. Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte da publicación da presente dis

posición no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día contado desde a dita publicación, ás 14 horas.

4.-Lugar de presentación de proposicións: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

5.-Documentación que presentarán os licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día hábil contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións a partir das 11 horas.

7.-Prazo de execución: desde o 1 de maio ata o 31 de decembro de 1996.

8.-Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

9.-Presuposto de licitación: 3.000.000 de ptas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1996.

P.D. (Orde do 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2232