Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.137

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de fabricantes de ataúdes de Ourense.

Visto o texto do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector fabricantes de ataúdes (código nº 3200054) de Ourense, (convenio publicado no BOP nº 211, do 14 de setembro de 1995), con entrada nesta delegación provincial, na reunión celebrada o 16 de xaneiro de 1996, para dar cumprimento ó establecido na disposición transitoria segunda do referido texto legal, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no libro rexistro desta delegación provincial, con notificación á comisión paritaria do convenio colectivo mencionado.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 23 de febreiro de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

ACTA

Reunidos no día de hoxe, a comisión paritaria do convenio provincial de fabricantes de ataúdes da provincia de Ourense, composta pola asociación provincial de empresarios do sector e as centrais sindicais CC.OO. UGT e CIG, conforme establece a disposición transitoria segunda do texto publicado no BOP nº 211, do 14 de setembro de 1995, e por unanimidade,

ACORDAN:

Primeiro.-Revisa-la táboa salarial na diferencia existente entre o 4,3% e o 3,75%, isto é no 0,55% a partir do 1 de xaneiro de 1996 e non devengando atrasos, segundo consta na mencionada disposición; os salarios resultantes son os seguintes (con independencia do que resulte da negociación colectiva de 1996):

Encargado xeral: 3.215 ptas.

Encargado de producción: 3.215 ptas.

Oficial trazado: 3.215 ptas.

Oficial de primeira: 3.160 ptas.

Oficial de segunda: 3.124 ptas.

Axudante: 3.018 ptas.

Peón especialista: 2.995 ptas.

Pulidor: 3.160 ptas.

Terminador: 3.160 ptas.

Menor de 18 anos: 2.004 ptas.

Conductor de primeira: 3.160 ptas.

Conductor de segunda: 3.124 ptas.

Garda ou vixilante: 2.988 ptas.

Peón: 2.988 ptas.

Desgaste de ferramentas: 375 ptas. (profesional e especialistas).

Desgaste de ferramentas: 182 ptas. (aprendices).

Hora extra: 1.207 ptas. para tódalas categorías.

Segundo.-Enviar á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para a súa publicación no boletín oficial correspondente, para coñecemento e efectos.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta, en Ribadavia o 23 de febreiro de 1996.

Parte socialParte económica

RubricadoRubricado

1952