Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.131

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 14-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

-Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

-Enderezo social: Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T.

-Situación: Cernadas. Monfero.

-Descripcións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 270 m de lonxitude, con orixe na liña Xestal-Santa Xuliana (Expte. 30073) e remate en C.T. que se vai construír en Cernadas. Centro de transformación aéreo, de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede da baixa tensión sobre apoios formigón e conductor R.Z. de 135 m de lonxitude en Cernadas. Monfero.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 29 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9602231