Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.117

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Espeleoloxía.

Vistos os estatutos da Federación Galega de Espeleoloxía e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 29-10-1995.

Visto o informe da sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar, con efectos desde a aprobación da súa asemblea, os estatutos aprobados de conformidade co artigo 1 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Espeleoloxía

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º

A Federación galega de Espeleoloxía (no sucesivo FGE), é unha entidade asociativa privada, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica e patrimonio propio e independente do dos seus asociados. Constituíuse o 30 de maio de 1981 sendo a continuación do antiguo Comité Rexional Galego de Espeleoloxía (1969) e da Sección galega de Espeleoloxía (1977) e réxese, actualmente, polo disposto na Lei do deporte (Lei 10/1990, do 15 de outubro, BOE do 17 de outubro), Real decreto 1835/1991, do 20 de decembro (BOE do 30 de decmbro), sobre federacións deportivas españolas, disposicións que conforman a legislación deportiva española, polo Decreto 228/1994, do 14 de xullo (DOG do 26 de xullo), regulador das federacións deportivas galegas, pola Orde do 28 de xullo de 1995, (DOG do 8 de agosto), polos presentes estatutos e o seu Regulamento xeral e polas de orde interno que dicte no exercicio das suas competencias.

Artigo 2º

A Federacións galega de Espeleoloxía é a entidade que reúne e coordina tódalas entidades e seccións de espeleoloxía radicadas na Comunidade Autónoma

galega que a sua vez reúnen e agrupan os seus espeleólogos.

Artigo 3º

A FGE está afiliada e ostenta a representación exclusiva de Galicia ante a Federación Española de Espeleoloxía (FEE), así como nas actividades e competicións oficiais de carácter estatal celebradas fóra e dentro da Comunidade Autónoma galega, que estean relacionadas coa espeleoloxía.

Artigo 4º

O seu domicilio social establécese na Coruña, O Birloque-Campo da Granxa, podendo ser trasladada a outro lugar dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega co voto favorable da maioría absoluta da asemblea xeral.

Artigo 5º

Correspóndelle á FGE, como actividade propia, o goberno, administración, xestión, organización e regulamentación da espeleoloxía na Comunidade Autónoma galega. Na súa virtude, é propio dela:

a) O ensino, promoción e divulgación da espeleoloxía, así como das súas diversas modalidades: descenso de cañóns e barrancos, espeleomergullo e espeleosocorro, dentro de seu ámbito de competencias, en coordinación coas entidades e seccións de espeleoloxía, en tódalas súas manifestacións, orientando a actuación dos seus espeleólogos cara a unha maior comprensión e coñecemento do mundo subterráneo e a adquisición dunha técnica que permita a práctica deste deporte coa máxima seguridade.

b) Estimular de forma técnica a práctica da espeleoloxía con estudios e traballos relativos a ela, e nos seus aspectos deportivos, científicos e educativos con outros deportes afíns.

c) Apoiar técnica e administrativamente a espeleoloxía, en tódolos seus aspectos e manifestacións, dentro da Comunidade Autónoma galega e nas saídas oficiais realizadas polos seus espeleólogos ó resto do territorio español.

d) Fomentar e colaborar nas actividades científicas relacionadas coa espeleoloxía, tales como investigacións e exploracións xeolóxicas, xeógraficas, meteorolóxicas, fauna, flora, etc.

e) Fomenta-la defensa do patrimonio natural, histórico, paleontolóxico e arqueolóxico.

f) Realiza-las xestións oportunas diante dos organismos públicos e privados, para a protección e apoio da espeleoloxía, así como velar polo prestixio desta.

g) Manter un vínculo de unión e colaboración cos organismos e entidades que se dediquen ó estudio e investigación do mundo subterráneo e o seu contorno.

h) Organiza-las actividades, designación de zonas de traballo e competicións de ámbito autonómico.

i) En xeral, cantas actividades sirvan para a promoción e coñecemento da espeleoloxía.

Artigo 6º

Ademais das previstas no artigo anterior como actividades propias da FGE, esta exerce baixo a coordinación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Federación Española de Espeleoloxía, as seguintes funcións de carácter administrativo:

a) Cualificar e organizar se é o caso, as actividades e competicións oficiais de ámbito autonómico e as de ámbito estatal delegadas pola Federación Española de Espeleoloxía.

b) Actuar en coordinación coas suas entidades e seccións para a promoción xeral da espeleoloxía na Comunidade Autónoma galega.

c) Deseñar, elaborar e executar, en colaboración, se é o caso, coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Española de Espeleoloxía, os plans de preparación dos deportistas galegos de alto nivel nas súas respectivas modalidades deportivas, así como participar na elaboración das listas anuais destes.

d) Colaborar coa Comunidade Autónoma na formación de técnicos deportivos e na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte.

e) Organizar e tutela-las actividades e competicións oficiais de carácter nacional que se celebren no territorio da Comunidade Autónoma galega.

f) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva dentro do seu marco de actuación, nos termos establecidos pola Lei do deporte e as suas especificas disposicións de desenvolvemento, lexislación da Comunidade Autónoma galega e os presentes estatutos e regulamentos.

g) Exerce-lo control das subvencións que asigne ás entidades e seccións nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Española de Espeleoloxía.

h) Executar, se é o caso, as resolucións dos comités competentes en materia de disciplina deportiva.

Artigo 7º

A FGE non admite discriminación ningunha por razón de orixe étnica ou social, credo político ou relixioso, sexo, opción sexual e de saúde, nin intromisións de tal carácter.

Artigo 8º

A FGE estructúrase territorialmente de acordo coas súas necesidades deportivas e en consonancia coa distribución da Comunidade Autónoma.

TÍTULO II

Dos clubs

Artigo 9º

l. Son clubs deportivos as entidades deportivas privadas, integradas por persoas físicas, que teñan

por obxecto principal a promoción da espeleoloxía, a práctica dela polos seus asociados, así como a participación en actividades e competicións deportivas consonte ó disposto por estes estatutos e regulamentos.

2. Tódolos clubs deberán inscribirse no correspondente Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas de Galicia.

3. 0 recoñecemento para efectos deportivos acreditarase mediante a certificación da inscrición no rexistro indicado.

4. Consideraranse tamén como clubs as seccións de espeleoloxía creadas dentro de entidades con outro fin principal sempre que estas figuren afiliadas á FEE a través da FGE.

5. Para participar en actividades e competicións oficiais de ámbito autonómico ou de carácter nacional deberán estar inscritas na FEE a través da FGE.

Artigo 10º

Os clubs integrados na FGE deberán facilitar anualmente a esta a seguinte información:

a) Os nomes dos compoñentes da súas xuntas directivas.

b) Memorias anuais de actividades.

c) Calendario de actividades aprobado polas súas respectivas asembleas.

d) Comunicarlle á FGE as súas normas estatutarias e regulamentarias e a modificación destas.

e) Deberán colaborar coa FGE en tódolos traballos administrativos que lles permitan ós clubs e ós seus asociados desfrutar dos beneficios que outorga a súa afiliación.

Artigo 11º

1. Os clubs integrados na FGE deberán satisfacerlle a esta as cotas que, se é o caso, estableza esta e así mesmo, a que puidese corresponder pola expedición de licencias.

2. Sen prexuízo da independencia patrimonial da autonomía de xestión económica propias dos clubs, a FGE controlará as subvencións que aqueles reciban dela ou a través dela desenvolvendo unha regulamentación específica.

Artigo 12º

Os clubs exercen a potestade disciplinaria sobre os seus socios de acordo coas súas propias normas estatutarias e co resto do ordenamento xurídico deportivo, instruído e resolvendo expedientes disciplinarios deportivos de oficio ou en virtude de denuncia motivada.

TÍTULO III

Dos espeleólogos

Artigo 13º

Para a participación dos espeleólogos en actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito

autonómico e estatal será preciso estar en posesión de licencia expedida pola FEE segundo os requisitos especificados nos estatutos da FEE.

Artigo 14º

A licencia da FEE é un dereito individual do espeleólogo que se exerce a través da pertenza deste ós clubs; é única, persoal e intransferible e a súa validez será dun ano natural.

Artigo 15º

l. As licencias da FEE solicitadas serán expedidas por delegación no ámbito da Comunidade Autónoma galega exclusivamente pola FGE.

2. 0s espeleólogos a través dos seus clubs respectivos aboarán o montante económico do seguro obrigatorio sobre accidente, cota da FEE, e outras cotas que puidesen crear para o efecto pola FGE.

Artigo 16º

A cota correspondente a FGE será fixada pola asemblea da FGE a proposta da xunta directiva.

TÏTULO IV

Dos órganos da FGE

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 17º

A FGE terá como órganos fundamentais:

A) De goberno e representación:

1. A asemblea xeral e a súa comisión delegada.

2. O presidente.

B) Complementarios:

1. A xunta directiva.

C) Técnicos

1. A Escola Galega de Espeleoloxía.

D) De xusticia federativa

1. O comité xurisdicional e de conciliación.

2. O comité de apelación.

Así mesmo, poderanse formar cantas comisións considere oportuna a xunta directiva e aprobe a asemblea xeral.

Artigo 18º

Son requisitos para ser membro dos órganos de goberno da FGE:

l) Ser español.

2) Te-la maioría de idade civil.

3) Non estar inhabilitado para desempeñar cargos públicos.

4)Ter capacidade de obrar.

5) Non estar suxeito a sanción disciplinaria deportiva que inhabilite para iso.

6) Non estar incurso nas incompatibilidades establecidas para iso.

7) 0s específicos que, para cada caso, se os houber, determinen os presentes estatutos.

8) Non obter proveito material persoal, derivado de determinada actividade económica, comercial, industrial ou profesional, relacionada coa espeleoloxía.

Artigo 19º

1. Tódolos membros dos órganos colexiados federativos que forman parte deles por elección, desempeñaran seu mandato por un tempo de catro anos, coincidindo cos anos de Xogos Olímpicos de inverno de que se trate e poderán, en todo caso, ser reelexidos, salvo o suposto que prevé o artigo 37º.5 dos presentes estatutos.

2. No caso de que, por calquera circunstancia, non consumasen aquel período de mandato, os que ocupen as vacantes exercerán o cargo por tempo igual ó que lles restase por cumprir ós substituídos, os cales non poderán presentarse a unha nova elección ata que transcorra o período olímpico para o que foron elixidos.

Artigo 20º

Serán órganos electivos o presidente, a asemblea xeral e a súa comisión delegada. Os demáis órganos serán designados e revogados libremente polo presidente.

Artigo 21º

l. As sesións dos órganos colexiados da FGE (asemblea xeral, comisión delegada e xunta directiva) serán sempre convocadas polo seu presidente ou, a requerimento deste, polo secretario, e terán lugar cando aquel así o acorde e, desde logo e ademais, nos tempos que, se é o caso, determinen as disposicións estatutarias ou regulamentarias.

2. A convocatoria dos órganos colexiados da FGE efectuarase dentro dos termos que en cada caso concreto prevexan os presentes estatutos; en ausencia de tal previsión ou en suposto de especial urxencia, esta efectuarase cunha antelación mínima de corenta e oito horas.

3. Quedarán validamente constituídos, en primeira convocatoria, cando asista a maioría absoluta dos seus membros, e en segunda, cando estea presente, polo menos un tercio.

Iso será sen prexuízo daqueles supostos específicos nos que os presentes estatutos requiran un quorum de asistencia maior.

4. Corresponderalle ó presidente dirixi-los debates coa autoridade propia do seu cargo.

5. 0s acordos adoptaranse por maioría simple, salvo nos supostos en que os presentes estatutos prevexan un quorum máis cualificado. Cada representante terá un voto.

6. De tódalas sesións se levantará acta, na forma que prevé o artigo 43º de este ordenamento.

7. 0s votos contrarios ós acordos dos órganos colexiados, ou as abstencións motivadas, eximirán das responsabilidades que puideran derivarse da súa adopción.

Artigo 22º

l. Son dereitos dos membros da organización federativa:

a) Tomar parte nas deliberacións, expresando libremente as súas opinións en cantas cuestións sexan obxecto de tratamento ou debate no seo do órgano do que sexan membros e exerce-lo seu dereito ó voto, facendo constar, se é o caso, se o desexan, o particular razoado que emitan.

b) Intervir nas tarefas federativas propias do cargo ou función que ostenten, cooperando na xestión que compete ó órgano ó que pertencen.

c) Coñece-lo contido das actas das sesións do órgano de que forman parte.

d) Os demais que, regulamentariamente, se establezan.

2. Son obrigas súas, tamen básicas:

a) Concorrer, cando sexan formalmente citados para iso, as reunións, salvo que llelo impidan razóns de forza maior.

b) Desempeñar, na medida do posible, as comisións que se lles encomenden.

c) Colaborar lealmente na xestión federativa gardando, cando fose necesario, o secreto sobre as deliberacións.

d) As demais que se determinen por vía regulamentaria.

Artigo 23º

l. Con independencia das responsabilidades penais, civís e administrativas que de forma xeral consagra o ordenamento xurídico español, os membros dos diferentes órganos da FGE son responsables, especificamente, dos actos, resolucións ou acordos adoptados por aquel do que forman parte, coa salvidade que establece o artigo 21º.7 de este ordenamento.

2. Son responsables, así mesmo, polo incumprimento dos acordos de calquera órgano federativo, norma xeral ou comisión das faltas previstas no réxime disciplinario federativo, nos termos previstos na lexislación deportiva xeral, nos presentes estatutos e regulamentos.

Artigo 24º

l. Os membros dos órganos da FGE cesan polas seguintes causas:

a) Expiración do período de mandato.

b) Remoción, nos supostos en que proceda, por non tratarse de cargos electivos.

c) Demisión.

d) Incapacidade que impida o desenvolvemento do cargo.

e) Incorrer nalgunha das causas de inelixibilidade que enumera o artigo 18º dos presentes estatutos.

f) Incompatibilidade, sobrevida, das establecidas legal ou estatutariamente.

2. Tratándose do presidente da FGE tamén o será a moción de censura, que será sempre constructiva. Serán requisitos para iso:

a) Que se formule por un tercio, polo menos, dos membros da asemblea xeral, mediante escrito motivado, individual ou colectivo, no que constaría o nome do candidato que, de prospera-la moción de censura, sairía elixido. Co dito escrito xuntarase copia do documento nacional de identidade.

b) A asemblea deberase convocar nun prazo máximo de 30 días e mínimo de 20 días sendo presidida polo membro de maior idade e exercendo de secretario da mesma o de menor idade.

c) Que se aprobe pola maíoria absoluta dos asistentes sen que, en ningún caso, se admita o voto por correo.

Capítulo II

Os órganos de goberno e representación

Sección primeira

Da asemblea xeral

Artigo 25º

l. A asemblea xeral é o órgano superior de goberno e representación da FGE.

2. Está composta por un número de membros non inferior a 15 nin superior a 30, determinándose a súa distribución por estamentos e número exacto dos membros no Regulamento electoral da convocatoria de eleccións correspondente.

3. Nela estarán considerados os seguintes estamentos:

a) Clubs e seccións de espeleoloxía.

b) Deportistas espeleólogos.

c) Técnicos.

4. Os membros da asemblea xeral serán elixidos por sufraxio libre, igual e secreto, na forma que determinan os artigos do 26º ó 31º dos presentes estatutos.

5. Poderá asistir as sesións da asemblea, con voz pero sen voto, o presidente saínte do último mandato.

6. A asemblea xeral poderase reunir en Pleno ou en comisión delegada.

Artigo 26º

1. A porcentaxe de clubs estará comprendido entre un 60% e un 75%.

2. A cualidade de membro da asemblea corresponderalles ós clubs que resulten elixidos, a súa representación corresponderá ó seu presidente, a

quen estatutariamente o substitúa, ou a persoa que o club designe.

Artigo 27º

A porcentaxe de espeleólogos non poderá supera-lo 20%.

Artigo 28º

A porcentaxe de técnicos non poderá supera-lo 5%.

Artigo 29º

As vacantes que eventualmente se produzan na asemblea xeral cubriranse, co seguinte candidato máis votado.

Artigo 30º

Serán requisitos xerais para ser electores e elixibles:

a) Nos estamentos de espeleólogos e técnicos, ter cumplidos, como electores e como elixibles os 18 anos, e estar en posesión da licencia ou titulación, na cualidade que corresponda, no momento da convocatoria dos comicios, e que a tivera no ano anterior. Para ser elixible, ademais das anteriores, ter participado no mesmo período en actividades do calendario oficial da FGE.

b) No estamento de clubs, os que no momento da convocatoria teñan participado en actividades do calendario oficial da FGE e tamen o fixeran o ano anterior.

Artigo 31º

A elección de tódolos representantes efectuarase a través de circunscrición autonómica única.

Artigo 32º

1. Correspóndelle á asemblea xeral, en reunión plenaria, con carácter necesario:

a) A aprobación do orzamento anual e a súa liquidación.

b) A aprobación do calendario deportivo.

c) A aprobación e modificación dos estatutos.

d) A elección e cesamento do presidente.

e) A elección na forma que determina o artigo 34º dos presentes estatutos, da súa comisión delegada.

2. Compételle ademais:

a) Autoriza-lo gravame ou alleamento de bens inmobles cando o importe da operación sexa maior do 25 por 100 do orzamento da FGE, precisándose para tal aprobación a maioría absoluta dos presentes, así como contar coa autorización e/ou informe favorable emitido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

b) Resolve-las proposicións que lle sometan a xunta directiva da FGE, ou os propios asambleístas en numero non inferior a 3.

c) As demais competencias que se conteñen no presente ordenamento ou que se lle outorguen regulamentariamente.

d) Regular e modifica-las competicións oficiais, e as súas clases, nas diversas categorías, así como o sistema e forma de aquelas.

3. Poderán tratarse na asemblea, cando concorran razóns de especial urxencia, asuntos ou propostas que presenten o presidente ou a xunta directiva ata corenta e oito horas antes da data da sesión, sempre que preste súa anuencia a maioría absoluta dos asistentes.

Artigo 33º

l. A asemblea xeral reunirase, unha vez ó ano en sesión plenaria ordinaria para os fins da súa competencia.

2. As demais reunións terán carácter extraordinario e poderán ser convocadas a iniciativa do presidente, por acordo da comisión delegada adoptado por maioría, ou por solicitude dun número de membros da asemblea non inferior ó 25 por 100. Presentada a solicitude de convocatoria por un número de membros suficiente, o presidente deberá convocala necesariamente no prazo de 10 días naturais. Desde a convocatoria ata a data de celebración da asemblea non poderán transcorrer máis de 20 días naturais.

3. A convocatoria da asemblea corresponderalle ó presidente da FGE y deberá facerse cunha antelación mínima de treinta días naturais, salvo os supostos que prevé ó artigo 21º dos presentes estatutos.

Á convocatoria deberá xuntárselle a súa orde do día, así como a documentación concernente ós asuntos que vaian tratarse, se ben esta última poderá remitirse dentro dos dez días previos á data da súa celebración ou, incluso ata corenta e oito horas antes dela, nos supostos de urxencia que prevé o punto 3 do artigo anterior.

Sección segunda

A comisión delegada da asemblea xeral

Artigo 34º

l. A comisión delegada será elixida, mediante sufraxio, libre, directo, igual e secreto, entre e polos membros da asemblea xeral. O seu mandato coincidirá co desta.

2. A comisión delegada da asemblea xeral estará composta polo 15 por 100 dos membros da asemblea. En ningún caso este número será inferior a 5 nin superior a 15, tendo que estar incluídos nela tódolos estamentos, na proporción de 3/5 para o estamento de clubs e 1/5 para cada un dos estamentos de deportistas e técnicos.

Artigo 35º

l. Correspóndelle á comisión delegada da asemblea xeral:

a) Modificación do calendario oficial de actividades.

b) A modificación dos orzamentos.

c) A aprobación e modificación dos regulamentos.

2. As eventuais modificacións a que fan referencia os tres apartados que anteceden, non poderán excede-los límites e criterios que a asemblea xeral estableza, e a proposta sobre estes corresponderalle ó presidente da FGE ou a comisión delegada; cando esta última o acorde por maioría simple destes.

3. Compételle tamen á comisión delegada:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) O seguimento da xestión deportiva e económica da FGE, mediante a elaboración dun informe anual á asemblea xeral, sobre a memoria de actividades e a liquidación do orzamento.

c) Autoriza-lo gravame ou alleamento de bens inmobles, cando o importe da operación non exceda os límites que prevé o artigo 32º, debendo adoptarse tal clase de acordos por maioría absoluta.

Artigo 36º

l. A comisión delegada reunirase, como mínimo unha vez cada catro meses por proposta do presidente.

2. A súa convocatoria corresponderalle, en todo caso, ó propio presidente e deberá efectuarse cunha antelación de sete días, salvo o suposto que prevé o artigo 21º dos presentes estatutos.

Sección terceira

Do presidente

Artigo 37º

1. 0 presidente da FGE é o órgano executivo dela. Ostenta a súa representación legal.

2. Convoca e preside a asemblea xeral, a súa comisión delegada e xunta directiva, e executa os acordos de todos estes órganos. Ten ademais dereito a asistir a cantas sesións celebre calquera órgano e comisión federativa.

3. Correspóndelle, en xeral, e ademais das que se determinen nos presentes estatutos, no seu regulamento, as funcións non encomendadas específicamente asemblea xeral, a súa comisión delegada e á xunta directiva.

4. Será elixido cada catro anos, coincidindo cos anos de Xogos Olímpicos de inverno, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto, polos membros da asemblea xeral. Os candidatos que terán necesariamente a condición política de galegos segundo disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril do Estatuto de autonomía para Galicia, poderán non ser membros do dito órgano, deberán ser presentados, como mínimo, polo 10 por 100 dos membros daquela, e a súa elección levarase por un sistema de dobre volta, no caso de que na primeira

volta ningún candidato alcance a maioría absoluta dos votos emitidos.

Para a súa elección non será valido o voto por correo.

5. Non poderá ser elixido presidente quen ostentase ininterrompidamente tal condición durante os tres períodos inmediatamente anteriores, calquera que fora a duración efectiva destes.

6. Mentres desempeñe o seu mandato, o presidente non poderá exercer cargo ningún noutro órgano federativo, salvo que estatutariamente lle corresponda, nin en club, asociación ou sección de espeleoloxía suxeito a disciplina da FGE, ou en federación deportiva española ou galega que non sexa a de espeleoloxía.

7. Presidirá a asemblea xeral, a súa comisión delegada, a xunta directiva coa autoridade que lle é propia do cargo, correspondéndolle a dirección dos debates, con voto de calidade en caso de empate.

8. Nos supostos de ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que lle impida transitoriamente desempeña-las súas funcións, o presidente será substituído polos vicepresidentes, na súa orde, en defecto deles polo secretario xeral e, en ultima instancia, polo membro de maior antigüidade, ou polo de máis idade se aquela fora a mesma.

9. Cando o presidente cese no seu cargo por concluí-lo tempo do seu mandato, a xunta directiva constituirase en comisión xestora, e convocara eleccións ós órganos de goberno e representación da FGE, de conformidade co regulamento e calendario electorais. Se o presidente cesara por calquera causa distinta, procederase de idéntico modo, pero limitando exclusivamente o proceso á elección de quen deba substituílo, que ocupará o cargo polo tempo igual ó que restase por cumprir o substituído, sendo ademais de aplicación, no que a este respecta, a norma que prevé artigo 19º.2 do presente ordenamento.

Capítulo III

Dos órganos complementarios

Da xunta directiva

Artigo 38º

l. A xunta directiva é o órgano colexiado complementario dos de goberno e representación, que asiste ó presidente, e a quen compete a xestión da FGE.

2. Seus membros serán designados e revocados libremente polo presidente da federación, que a presidirá, sendo necesario que tódolos seus membros teñan a condición política de galego segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia. Formarana un número de membros non inferior a 5 nin superior a 15, formando parte dela os vicepresidentes, director da escola, coordenador do grupo de espeleosocorro e cantos vocais sexan necesarios.

3. 0s membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea terán acceso as sesións destas con dereito a voz pero sen voto

4. 0s membros da xunta directiva cooperarán por igual na xestión que a esta lle compete e responderán dela ante o propio presidente.

5. 0s membros da xunta directiva non poderán desempeñar cargo ningún en asociación que teña como fin principal sexa a práctica da espeleoloxía e seranlles de aplicación as incompatibilidades que prevé o artigo 18º do presente ordenamento.

6. 0s membros da xunta directiva son especificamente responsables dos actos, resolucións ou acordos adoptados ante a asemblea xeral.

Artigo 39º

l. A xunta directiva reunirase como mínimo tres veces ó ano, correspondéndolle ó presidente a súa convocatoria e a determinación dos asuntos da orde do día de cada sesión. 0 prazo mínimo de convocatoria será de corenta e oito horas.

2. 0s acordos tomaranse por maioría, dirimindo os eventuais empates o voto de calidade do presidente.

Artigo 40º

1. A comisión permanente estará constituída polo presidente ou o vicepresidente e dous membros da xunta directiva.

2. A comisión permanente terá como misión exclusiva resolver tódolos asuntos que requiran decisión urxente, así como aqueles outros que se consideren de trámite, dándolle, en todo caso, conta da súa actuación á xunta directiva na súa primeira reunión, facendo esta da mesma forma a comisión delegada e asemblea xeral.

Artigo 41º

O presidente poderá delega-las súas funcións no vicepresidente ou en calquera persoa da xunta directiva.

Capítulo IV

Dos órganos de réxime interno

Artigo 42º

l. O secretario da federación, nomeado polo presidente e directamente dependendo del mesmo, ten ó seu cargo a organización administrativa da FGE e correspóndelle especificamente:

a) Levantar actas das sesións da asemblea xeral, da súa comisión delegada e da xunta directiva, actuando como secretario dos ditos órganos, así como das comisións que puideran crearse.

b) Expedir certificados oportunos dos actos emanados dos meritados órganos.

c) Resolve-los asuntos de trámite.

d) Velar polo exacto cumprimento dos acordo dos órganos federativos.

e) Asina-las comunicacións e circulares.

f) Elevar á xunta directiva as propostas relativas a organización federativa en materia da súa competencia e levalas a cabo unha vez autorizadas.

g) Informa-lo presidente da marcha dos asuntos pendentes e propone-las medidas que considere necesarias en materias da súa competencia.

h) Remitirlle á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia as actas das reunións da asemblea xeral e comisión delegada no prazo de 15 días desde a data de súa celebración.

y) Comunicarlles a tódolos membros da asemblea xeral, a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Española de Espeleoloxía, o nomeamento e renovación dos membros dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios e dos comités que puideran crearse dentro do seno da FGE, nun máximo de 15 días a partir da data do nomeamento.

j) Calquera outra que obrigue a FGE en función de acordos da súa asemblea xeral ou aplicación da lexislación vixente.

2. 0 nomeamento do secretario xeral será facultativo do presidente da FGE, quen, se non efectuara tal designación, será responsable das funcións propias daquel, podendo delegar nas persoas que considere oportuno.

Artigo 43º

As actas ás que fai referencia o punto 1 a), do artigo anterior deberán especifica-lo nome das persoas que asistiron, as intervencións, resumidas, que houber, e as demais circunstancias que se consideren oportunas, así como o resultado das votacións, con especificación dos votos a favor, os en contra, os particulares, se é o caso, e as abstencións, e o texto dos acordos adoptados.

Artigo 44º

A xestión económica da federación correrá a cargo do tesoureiro baixo a dirección da xunta directiva e en tal sentido correspóndelle:

a) Supervisa-la contabilidade da FGE.

b) Propone-los cobros e pagamentos e redacta-los orzamentos e balances segundo a normativa vixente para as federacións deportivas.

c) Regulamenta-los gastos, exerce-la inspección económica de tódolos órganos federativos.

d) Exerce-lo control das subvencións que se asignen a clubs e deportistas.

e) Propoñe-la adquisición dos bens precisos para as necesidades en materias de competencia.

f) Informa-la asemblea xeral, e a súa comisión delegada, o presidente e a xunta directiva sobre as cuestións que lle sexan sometidas o que considere relevantes para a boa orde económica.

Artigo 45º

Serán función do coordenador de espeleosocorro:

a) A organización do grupo de espeleosocorro galego no seu ámbito autonómico así como, a coordinación dos efectivos humanos que participen nun rescate no caso de que sexan requiridos.

b) O funcionamento e organización do grupo de espeleosocorro galego desenvolverase nunha regulamentación especifica.

Artigo 46º

Poderán existir outros cargos de carácter administrativo coas accións que especificamente se lles atribúan.

Artigo 47º

Tamén, poderán existir dentro da xunta directiva da FGE, con carácter de asesores, con voz pero sen voto, os que designe o presidente entre os especialistas nas diversas materias.

Capítulo V

Da Escola galega de Espeleoloxía (EGE)

Artigo 48º

A Escola galega de Espeleoloxía, no sucesivo EGE, é o órgano docente da FGE e ten como fins:

a) O ensino, divulgación e promoción da espeleoloxía nas súas diversas especialidades no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

b) A incorporación dos novos métodos, técnicas e avances conquistados na práctica da espeleoloxía en tódalas súas especialidades e especialmente as técnicas que supoñan unha prevención e diminución dos accidentes.

Artigo 49º

Son competencias da EGE:

a) O ensino oficial da espeleoloxía nas súas diversas especialidades, a formación do profesorado e dos seus cadros técnicos de ámbito autonómico.

b) O establecemento do réxime xeral de ensino espeleolóxico en coordinación coa Escola Española de Espeleoloxía, á que esta adherida.

c) A regulación dos requisitos mínimos que deben te-los cursos de espeleoloxía de base referentes a: titulación do profesorado que os imparte, relación numérica profesor-alumno, contidos e actividades prácticas para desenvolver e temporaIización destes.

Artigo 50º

0 director da EGE será nomeado polo presidente da FGE de entre os compoñentes do seu cadro docente e será membro da sua xunta directiva, representando a EGE na comisión asesora da Escola Española de Espeleoloxía e demais institucións.

Artigo 51º

A organización e funcionamento da EGE regularase mediante un regulamento específico.

TÍTULO V

Do réxime disciplinario

Artigo 52º

1. 0 ámbito da disciplina federativa esténdese ás infraccións da regulamentación sobre zonas de traballo asignadas, ás dos campionatos e actividades, a protección do medio subterráneo e o seu contorno, ás normas de seguridade no desenvolvemento da exploración e das normas xerais deportivas, tipificadas na Lei do deporte, nas súas disposicións de desenvolvemento e no propio ordenamento xurídico da FEE e da FGE.

2. Son infraccións á regulamentación sobre asignación de zonas de traballo as accións ou omisións que realicen os clubs ou espeleólogos, que sexan contrarias ó que a dita regulamentación obriga ou prohibe.

3. Son infraccións as regras dos campionatos e actividades, as accións ou omisións que durante o curso de aqueles, vulneren, impidan ou perturben seu normal desenvolvemento.

4. Son infraccións as normas sobre protección do medio subterráneo e o seu contorno, as accións ou omisións que de forma intencionada atenten contra elas.

5. Son infraccións ás normas sobre seguridade no de desenvolvemento da actividade deportiva, as accións ou omisións suscetibles de pór en perigo o desenvolvemento da exploración.

6. Son infraccións as normas xerais deportivas as demais accións ou omisións que sexan contrarias ó que estas determinan, obrigan ou prohiben.

Artigo 53º

A disciplina deportiva réxese pola Lei do deporte 10/1990, do 15 de outubro (BOE do 17 de outubro), Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro (BOE do 19-2-1993) sobre disciplina deportiva, polos presentes estatutos e pola regulamentación federativa que os desenvolve.

Artigo 54º

A FGE exerce a potestade disciplinaria sobre tódalas persoas que forman parte da súa estructura orgánica; sobre os clubs e os seus afiliados, técnicos, dirixentes e, en xeral, sobre todas aquelas persoas ou entidades que están adscritas a FGE, desenvolven funcións ou exercen cargos no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 55º

l. A potestade disciplinaria que corresponde a FGE exerceraa por un comité disciplinario formado por tres persoas, das que unha será licenciada en dereito.

2. Contra as resolucións dictadas polo comité disciplinario, caberá interpor recurso ante o comité de apelación, composto por dúas persoas elexidas por proposta da asemblea xeral.

3. 0s acordos dos comités de apelación serán recurribles ante o Comité Español de Disciplina Deportiva e o Comité Galego de Disciplina Deportiva, segundo sexa o caso de competencia.

Artigo 56º

l. Na determinación das responsabilidades das infraccións, os órganos disciplinarios federativos deberán aterse ós principios informadores do dereito sancionador.

2. Non poderá imporse sanción ningunha por accións ou omisións non tipificadas como infraccións, no momento de producirse, polas disposicións daquela vixentes; nin tampouco poderán impor-se correctivos que estean establecidos por norma anterior á perpetración da falta cometida.

3. Só poderán imponerse sancións en virtude do expediente instruído para o efecto, con audiencia do interesado é ulterior dereito a recurso.

Artigo 57º

A petición expresa e fundada do interesado, os órganos disciplinarios poderán acordar, motivadamente, a suspensión da execución das sancións impostas, sexa o que fora o procedemento seguido, sen que a mera interposición dos recursos que en contra destas correspondan paralice ou suspenda seu cumprimento. Ponderarase, como especial circunstancia para acceder a deixar en suspenso a executividade do acto recorrido, os prexuízos de difícil ou imposible reparación que puideran derivarse do seu cumprimento.

Artigo 58º

Na secretaría da FGE deberá levarse, escrupulosamente e ó día, un rexistro das sancións impostas, para os efectos, entre outros, da posible apreciación de circunstancias da responsabilidad e do cómputo dos termos de prescrición, tanto de infraccións como de sancións.

Artigo 59º

As resolucións deberán expresa-la tipificación do feito que se sanciona, con cita do precepto violado e expresión do recurso que cabe interponer, ilustrando acerca do órgano a quen corresponda dirixilo e do prazo establecido para iso.

Artigo 60º

1. Os acordos que adopten os órganos disciplinarios federativos deberán notificárselles ós interesados mediante oficio, carta, telegrama, télex, fax ou calquera outro medio que permita ter constancia da sua recepción, dirixíndose ó domicilio persoal ou social daqueles ou ó que, para estes efectos, tiveran sinalado.

2. As notificacións deberán conte-lo texto íntegro da resolución ou acordo, con expresión dos recursos que procedan, do órgano ante o que teñan que formalizarse e do prazo para interpolos.

Artigo 61º

l. As cuestións que non teñan carácter disciplinario e que se susciten entre persoas ou entidades adscritas á FGE, resolveraas por un comité xurisdicional e de conciliación.

2. O comité xurisdicional e de conciliación previsto no apartado anterior poderá resolver, mediante as fórmulas xenéricas de conciliación e arbitraxe correspondentes, as diferencias que se produzan en cuestións litixiosas entre deportistas, técnicos ou clubs integrados na FGE.

3. A composición e funcións do comité determinaranse regulamentariamente.

Artigo 62º

As faltas poden ser moi graves, graves e leves, determinación que se fará con base nos principio e criterios establecidos regulamentariamente.

Artigo 63º

1. Para os efectos dos presentes estatutos consideraranse, en todo caso, como infraccións moi graves as seguintes:

a) Os abusos de autoridade.

b) Os quebrantamentos de sancións impostas.

c) A promoción, incitación, consumo ou utilización de practicas prohibidas a que se refire o artigo 56 da Lei do deporte, así como a negativa a someterse ós controis esixidos por órganos e persoas competentes, ou calquera acción ou omisión que impida ou perturbe a correcta realización dos ditos controis.

d) A participación en competicións ou actividades organizadas polos países que promovan a discriminación racial, ou con deportistas que representen a estes.

e) Non respecta-la normativa específica de asignación de zonas de traballo.

f) Calquera acto ou omisión que, de forma intencionada ou sen atender á dilixencia debida, produza un prexuízo grave no medio subterráneo ou no seu contorno, como contaminación dos recursos hídricos, rotura indiscriminada ou recolección de formacións, comercialización destas ou atentados contra a fauna, flora, o patrimonio natural, histórico e paleontolóxico.

g) A inexecución das resolucións do Comité Español de Disciplina Deportiva e do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

h) O descoido na conservación e coidado dos locais sociais, instalacións deportivas e outros medios materiais.

i) As actuacións dirixidas a predeterminar, mediante terceiras persoas, prezo, intimidación ou simples acordos, o resultado de campionatos e actividades.

j) Os comportamentos, actitudes e xestos agresivos e antideportivos de deportistas, cando se dirixan ós xuíces, a outros deportistas ou ó publico.

k) A falta de asistencia non xustificada ás convocatorias das seleccións nacionais e autonómicas.

l) Os actos notorios e públicos que de forma reincidente, atenten contra a dignidade ou decoro deportivos ou cando revistan especial gravidade.

2. Así mesmo, consideraranse infraccións moi graves dos directivos dos órganos da FGE as seguintes:

a) O incumprimento dos acordos da asemblea xeral, así como do Regulamento electoral e demais disposicións estatutarias ou regulamentarias.

b) A non convocatoria, nos prazos ou condicións legais, de forma sistemática e reiterada, dos órganos federativos.

c) A inexecución das resolucións do Comité Español de Disciplina Deportiva e do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

d) A incorrecta utilización dos fondos privados ou das subvencións, créditos, avais e demais axudas do Estado, dos seus organismos autónomos ou doutro modo concedidos con cargo ós orzamentos xerais do Estado; así como a obtención de beneficios pola posesión de información privilexiada.

e) O compromiso de gastos de carácter plurianual do orzamento da FGE, sen a regulamentaria autorización.

f) A organización de actividades ou competicións oficiais de carácter internacional, nacional e autonómico, sen a regulamentaria autorización.

3. Serán en todo caso, infraccións graves:

a) Calquera acto ou omisión que de forma intencionada ou sen atender á dilixencia debida, produza menoscabo na integridade ou calidade do medio subterráneo e o seu contorno.

b) O incumprimento reiterado de ordes e instruccións emanadas dos órganos deportivos competentes.

c) Os actos notorios e públicos que atenten contra a dignidade e decoro deportivos.

d) O exercicio de actividades publicas ou privadas declaradas incompatibles coa actividade ou función deportiva desenvolvida.

e) A non convocatoria, nos prazos e condicións legais, dos órganos colexiados federativos.

f) O incumprimento das regras da administración e xestión do orzamento e patrimonio previstos no capítulo V da Orde de 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

g) O non respecta-la normativa específica de asignación de zonas de traballo.

h) O descoido na conservación e coidado dos locais sociais, instalacións e outros medios materiais.

4. Consideranse infraccións de carácter leve:

a) As conductas claramente contrarias ás normas deportivas, que non estean incursas na cualificación

de moi graves ou graves nos presentes estatutos, ou nas normas regulamentarias desenvolvidas.

b) Calquera acto ou omisión que de forma intencionada ou sen atender á dilixencia debida, produza menoscabo na integridade ou calidade do medio subterráneo ou no seu contorno.

c) O descoido na conservación e coidado dos locais sociais, instalacións deportivas e outros medios materiais.

d) O non respecta-la normativa especifica de asignación de zonas de traballo.

Artigo 64º

Consideraranse, en todo caso, como circunstancias atenuantes da responsabilidad disciplinaria deportiva:

a) A de arrepentimento espontáneo.

b) A de preceder, inmediatamente á infracción, unha provocación suficiente.

c) Non ser sancionado con anterioridade

Artigo 65º

l. Considerarase, en todo caso, como circunstancia agravante da disciplina deportiva a reincidencia.

2. Existirá reincidencia cando o autor fora sancionado anteriormente por calquer infracción a disciplina deportiva de igual ou maior gravidade, ou por dúas infraccións ou máis de inferior gravidade da que en ese suposto se trate.

3. A reincidencia entenderase producida no transcurso de dous anos, contando a partir do momento no que se cometeu a infracción.

Artigo 66º

1. As sancións suceptibles de aplicación serán as seguintes:

a) A inhabilitación, suspensión ou privación de licencia federativa, con carácter temporal ou definitivo, en adecuada proporción ás infraccións cometidas.

b) Imposibilidade por parte dunha entidade de espeleoloxía de acceder a unha zona de traballo, con carácter temporal ou definitivo, en adecuada proporción ás infraccións cometidas.

c) Apercibimento.

d) A facultade, para os correspondentes órganos disciplinarios, de altera-lo resultado das competicións por causa de predeterminación mediante prezo, intimidación ou simples acordos, do resultado.

e) As de carácter económico no caso de que estea implicado un club.

2. Pola comisión das infraccións enumeradas no artigo 63º.2 poderán imponerse as seguintes sancións:

a) Amoestación publica.

b) Inhabilitación temporal de dous meses a un ano.

c) Destitución do cargo.

Artigo 67º

l. As infraccións prescribirán ós tres anos, ó ano, ou ó mes, segundo se trate das moi graves, graves ou leves, comenzándose a contar o prazo de prescripción ó día seguinte á comisión da infracción. O prazo de prescrición interromperase pola iniciación do procedemento sancionador, pero se este permanecese paralizado durante un mes, por causa non imputable á persoa ou entidade suxeita ó dito procedemento, volverá a corre-lo prazo correspondente interrompíndose de novo a prescrición ó reanudarse a tramitación do expediente.

2. As sancións prescribirán ós tres anos, ó ano, ou ó mes, segundo se trate das que corresponde a infraccións moi graves, graves ou leves, comezándose a conta-lo prazo de prescrición desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución pola que se impuxo a sanción, ou desde que se quebrantase o seu cumprimento se este comezase.

Artigo 68º

1. Os órganos disciplinarios deportivos competentes deberán comunicarlle ó Ministerio Fiscal aquelas infraccións que puideran revestir caracteres de delicto ou falta penal.

2. Neste caso os órganos disciplinarios deportivos acordarán a suspensión do procedemento, segundo as circunstancias concorrentes, ata que recaia a correspondente resolución xudicial.

3. No caso de que se acordara a suspensión do procedemento, poderán adoptarse medidas cautelares mediante providencia notificada a tódalas partes interesadas.

Artigo 69º

Consideraranse, en todo caso, como causas de extinción da responsabilidade disciplinaria deportiva:

a) O falecemento do inculpado.

b) A disolución do club.

c) O cumprimento da sanción.

d) A prescrición das infraccións ou das sancións.

e) A perda da condición de deportista federado.

Artigo 70º

O procedemento extraordinario que se tramitará para as sancións correspondentes as infraccións ás normas deportivas xerais, axustarase ós principios e regras da lexislación xeral e ó establecido no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva, especialmente dos artigos 37º ó 57º.

TÍTULO VI

Do réxime económico

Artigo 71º

l. A FGE ten o seu propio réxime de administración e xestión de patrimonio e orzamento.

2. A federación non poderá aprobar orzamentos deficitarios, se ben, excepcionalmente, poderá a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia autorizar tal carácter.

3. A administración do orzamento responderá ó principio de caixa única, debendo dedicarse os ingresos propios, de forma prioritaria, ós gastos da estructura federativa.

4. A contabilidade axustarase ás normas do plan xeral de contabilidade e as disposicións que para o efecto dicte a Administración da Comunidade Autónoma galega.

5. No primeiro mes de cada ano, deberá formalizarse o balance da situación e as contas de ingresos e gastos, que se elevará a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para seu coñecemento.

Artigo 72º

Constitúen ingresos da FGE:

a) As subvencións que as entidades públicas poidan concederlles.

b) As herdanzas, legados ou doazóns que lle sexan outorgados.

c) Os beneficios que produzan as actividades deportivas que organicen.

d) Os froitos do seu patrimonio.

e) Os préstamos ou créditos que obteña.

f) As cotas de amortización de anticipos e préstamos que procedan e o producto de alleamento dos seus bens.

g) Os beneficios que puideran derivarse das actividades que prevé a letra c) do artigo seguinte.

h) Os que puideran derivarse da percepción de cotas de afiliación ou dereitos de expedición de licencias e títulos.

i) Calquera outros que poidan serlle atribuídos por disposición legal en virtude de convenio.

Artigo 73º

A FGE no que ó réxime económico concerne, está sometida ás seguintes regras:

a) Deberá aplicarlle os beneficios económicos, se os houber, das actividades deportivas, o desenvolvemento do seu obxecto social.

b) Pode gravar e allear bens inmobles,tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, sempre que tales negocios xurídicos non comprometan de modo irreversible seu patrimonio ou o seu obxecto social. Cando se trate de bens inmobles que foran financiados, en todo ou en parte, con fondos públicos, seu gravame ou alleamento precisará a autorización do organismo competente.

c) Pode exercer, con carácter complementario, actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios, e destina-los seus bens e recursos ós mesmos obxectivos, pero en ningún

caso poderá repartir beneficios entre os seus membros.

d) Non poderá comprometer gastos de carácter plurianual sen autorización da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia cando o gasto anual comprometido supere o 10 por 100 de seu orzamento ou supere o período de mandato do presidente. Esta porcentaxe será revisada anualmente pola Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

e) Poderá someterse anualmente a auditorías financeiras e, se é o caso, de xestión, así como a información de revisión limitada sobre a totalidade dos gastos. Estas actuacións poderán ser encargadas pola Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

f) As contas anuais e os orzamentos deberán estar no domicilio social da FGE, a disposición dos membros da asemblea xeral cunha antelación mínima de 15 días a celebración desta, poidendo pedir copia que se lles entregará antes da sua celebración.

TÍTULO VII

Do réxime documental e contable

Artigo 74º

l. Integran en todo caso, o réxime documental e contable da FGE:

a) O libro rexistro de clubs e entidades deportivas no que constarán as denominacións destas, domicilio social e filiación dos presidentes e membros das suas xuntas directivas, consignándose as datas de toma de posesión e cesamento, se é o caso, dos interesados.

b) O libros de actas, que consignará as das reunións da asemblea xeral, da sua comisión delegada e da xunta directiva.

c) Os libros de contabilidade, nos que figuraran tanto o patrimonio como os dereitos e obrigas, os ingresos e gastos da FGE, debendo precisarse a procedencia de aqueles e a investimento ou destino destes.

d) O libro inventario de bens inmobles.

e) Os demais que legalmente sexan esixibles.

2. Serán causas de información ou exame dos libros federativos as establecidas pola lei ou os pronunciamentos, en tal sentido, de xuíces ou tribunais, das autoridades superiores, ou, se é o caso, dos auditores.

TÍTULO VIII

Da disolución da FGE

Artigo 75º

1 A FGE disolverase:

a) Pola revogación de seu recoñecemento. Se desaparecerán as condicións ou motivacións que deron lugar a este, ou a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia considérase o incumprimento dos obxectivos para os que a federación foi constituída, instruirase un procedemento, dirixido a revo

gación de aquel recoñecemento, con audiencia da propia FGE e, se é o caso dos clubs nela integrados. Concluso aquel, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia resolverá, motivadamente, sobre tal revogación e contra seu acordo cabra interpoñe os recursos administrativos pertinentes.

b) Por resolución xudicial.

c) Polas demais causas previstas no ordenamento xurídixo xeral

2. En caso de disolución da FGE, o seu patrimonio neto, se o houber, aplicarase a realización de actividades análogas, determinando a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, seu destino concreto.

TÍTULO IX

Da aprobación e modificación dos estatutos e regulamentos federativos

Artigo 76º

A aprobación ou reforma dos estatutos e regulamentos xerais da FGE axustarase ó seguinte procedemento:

a) 0 proceso de modificación, salvo que este fora por imperativo legal, iniciarase por proposta, exclusivamente, do presidente da FGE ou a maioría simple dos membros da comisión delegada.

b) 0s regulamentos e modificacións a estes serán aprobados pola comisión delegada.

c) Tratándose de estatutos, convocarase, a asemblea xeral, a quen corresponde sua aprobación, quen decidirá tras discutirse o texto proposto e as emendas, se é o caso, presentadas.

d) Recaída, se é o caso, a pertinente aprobación, elevarase o acordado á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, ós fins que prevé o artigo 5 da Orde do 28 de xullo de 1995.

e) Aprobado o novo texto, no caso de tratarse dos estatutos, pola Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, publicarase no Diario Oficial de Galicia e inscribirase no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta De Galicia.

Disposición transitoria

Considéranse integrados na FGE tódolos clubs e seccións de espeleoloxía, salvo expresa manifestación en contra, ata un prazo de tres meses desde a publicación no Diario Oficial de Galicia dos presentes estatutos, no transcurso do cal aqueles poderán exerce-lo seu dereito a iso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Quedan derrogados os estatutos da FGE ata agora vixentes aprobados pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia o 14 de outubro de 1983

Segunda.-Os presentes estatutos entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e deberanse inscribir no Rexistro de Clubs, Federacións Deportivas da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, tramite que require o artigo 2.1º da Orde do 28 de xullo pola que se desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

1947